Área de identidade
Código de referencia
Título
Data(s)
- 1921-06-25 - (Creación)
Nivel de descrición
Fondo
Extensión e medio
1 carpeta e PDF con actas e 1 regulamento
PDF con 1 libro do Panteón, 7 fotografías, 1 acta, 2 libros de rexistro, 1 libro de caixa e 1 contrato
Área de contexto
Nome do creador
Historia administrativa
Esta entidade de instrución y beneficencia foi fundada o 25 de xuño de 1921 polos naturais do concello de Cedeira que emigraran á cidade da Habana. O seu fin primordial foi o de axudar aos seus paisanos na terra natal a construír unha escola para fomentar a instrución dende a pedagoxía moderna. Os seus esforzos van tamén encamiñados na procura da unión entre os seus connaturais residentes na illa de Cuba.
O vicepresidente da entidade, Manuel Rodríguez López, fixo entrega dun préstamo de cen pesos e doou o solar gratuitamente para facer a Casa-Escola de Piñeiro. En 1925, con motivo da colocación da primeira pedra do edificio escolar, organizan un festival para o cal recadan fondos entre os membros da sociedade. A inauguración do novo centro tivo lugar en 1927.
A súa primeira Directiva estivo integrada por: Juan Pego Martínez, como presidente; vicepresidente, Manuel Rodríguez López; secretario, Enrique García Fraguela; vicesecretario, José Piñón Crego; tesoureiro, Manuel García Sanjurjo; vicetesoureiro, Feliciano Muíño Fraguela; vocais: José Aneiros Casal, José Gundín Piñón, Juan López, Faustino Pegueiras Barro, Manuel Villadóniga Rodríguez, Antonio Freire Rey, José Candales Rey, Eduardo Couto, Victoriano Pernas Pérez, Antonio Pernas Pérez, Francisco Martínez García, Vicente Peñón Crego, Paulino Díaz García, José Pita.
Repositorio
Historia arquivística
Fonte inmediata de adquisición ou transferencia
Área de contido e estrutura
Alcance e contido
Este fondo contén a seguinte documentación:
Conservada en formato dixital e impreso:
Acta da reunión da Xunta Directiva do día 25/05/1937
Acta da reunión da Xunta Directiva do día 18/06/1951
Acta da reunión da Xunta Directiva do día 13/07/1979
Libro de actas das reunións da Xunta Xeral dende 23/06/1921 ata 29/12/1939
Acta da reunión da Xunta Xeral do día 28/07/1949
Acta da reunión da Xunta Xeral do día 30/04/1965
Reforma do Regulamento " (1940)
Conservada en formato dixital:
Libro auxiliar do Título do Panteón (1938-2003)
Fotografía do Panteón (1938)
Fotografía da Escola de Piñeiro
Acta de constitución da Sección de Propaganda (1921)
Libro de rexistro (1941-1961)
Libro de rexistro (1965)
Libro de caixa (1948-1956), incompleto
Contrato de arrendamento (1921)
5 fotografías de actividades
Valorización, destrucción e programación
Acumulacións
Aberto a novos ingresos
Sistema de arranxo
Área de condicións de acceso e uso
Condicións que rixen o acceso
Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria
Condicións
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica
Idioma do material
- Español
Escritura do material
- latino
Notas de lingua e texto
Características físicas e requerimentos técnicos
Para a visualización dos documentos en formato pdf requírese un ordenador, que se pon a disposición dos investigadores.
Instrumentos de descrición
Área de materiais relacionados
Existencia e ubicación de orixinais
A propia institución
Existencia e localización de copias
Arquivo da Emigración Galega - CdC
Unidades de descrición relacionadas
Área de notas
Identificador(es) alternativo(s)
Puntos de acceso
Persoas e entidades
Puntos de acceso Xénero/Forma
Área de control da descrición
Identificador da descrición
Identificador da institución
Regras e/ou convencións usadas
NOGADA
Estado de elaboración
Borrador
Nivel de detalle
Parcial
Datas de creación revisión eliminación
Creado por Adriana Cousillas o 30/07/2019
Idioma(s)
- galego
Escritura(s)
- latino