Acta de constitución da Sección de Propaganda da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Cedeira" do día 14/07/1921 (2 páxinas), conservada en formato dixital.
Copia literal mecanografada da Acta de constitución da "Unión Mugardesa de Instrucción" do día 12/11/1909 (3 páxinas), conservada en formato dixital e impreso. Esta copia foi feita na Habana o 22 de outubro de 1917 e asinada polo presidente e secretario da entidade para presentar ante o Gobernador provincial por un imperativo da Lei de Asociacións vixente ese ano.
Acta da reunión na que se decide a fusión das sociedades "Hijos del Ayuntamiento de Golada" e "Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez", conservada en formato dixital:
Transcrición da acta número 1 da sociedade “Círculo Habanero de La Devesa" en A Devesa (Ribadeo) do día 9 de outubro de 1911. Trata da financiación para construír un edificio cívico. Contén o "Legado Pedro Murias".
Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de socios da "Sociedad de Instrucción Unión Barcalesa", conservados en formato dixital e impreso. Contén 118 actas dende o 17/01/1964 ata o 28/02/2004.