Planos de construcción do edificio da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa" na Devesa, Ribadeo, asinados polo aparellador Domingo Rañón Fernández (30/11/1920), conservados en formato dixital e impreso.
Correspondencia entre o Delegado da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa" en Tampa e a Secretaría da sociedade na Habana, conservada en formato dixital e impreso:
Carta enviada desde Tampa por Justo López a José A. Acevedo (29/02/1912)
Carta enviada desde Tampa por Justo López a José A. Acevedo (08/03/1912)
Carta enviada desde Tampa por Justo López a José A. Acevedo e Isidro Martínez (14/04/1912)
Carta enviada desde A Habana para o Delegado da sociedade en Tampa (29/01/1928)
Actas relativas á constitución da sociedade en España, conservadas en formato dixital e impreso:
Certificado da Acta número 1 da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa" en A Devesa, Ribadeo, do día 09/10/1911, relativa á financiación da construcción do edificio social. Contén o "Legado Pedro Murias" (7 páxinas)
Acta da reunión celebrada na Habana entre a Xunta Directiva da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa" de A Habana e a Comisión de doantes da parroquia de Devesa o día 03/01/1912 con motivo da constitución dunha sociedade homónima en España (4 páxinas)
Acta da reunión da Xunta Directiva da sociedade habanera o día 12/01/1912 na que se aproba a constitución dunha sociedade homónima na Devesa, Ribadeo, e a construcción dun edificio social e de recreo (5 páxinas)
Programa de actos dunha xira celebrada pola sociedade "Círculo Habanero de La Devesa" nos xardíns de La Tropical o día 06/09/1914 en honor dos seus socios protectores, conservado en formato dixital e impreso.