Amosando 204 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Galicia Subserie
Previsualización da impresión Ver:

Galicia y Madrid : Periódico mensual de Galicia en Madrid

Esta publicación mensual foi editada pola colonia galega residente en Madrid para informar sobre Galicia, e en menor medida sobre as actividades dos galegos da capital de España. Consta de editorial, entrevistas, noticias do centro e dos galegos en Madrid.

Números conservados en formato papel:

1998: n. 1-4
1999: verán

Centro Gallego de Madrid

Galicia Terra Única

Esta revista editada polo Centro Galicia de Ponferrada ten a finalidade de dar a coñecer os actos culturais nos que participa a sociedade e conta con diversas colaboracións, reproducindo multitude de recortes de xornais onde aparecen novas da entidade.

Números conservados en formato papel:

1997: n. 1
2002 (10º aniversario)

Centro Galicia en Ponferrada

Galicia Nueva : Semanario Regional

Semanario feito exclusivamente para Galicia e os galegos residentes en Uruguai. Destaca a atención preferente que fan á Casa de Galicia de Montevideo (actividades societarias, directivas, seccións, etc.). Na práctica converteuse no seu voceiro oficial.
Tamén conta con artigos literarios e culturais. Defende o pensamento rexionalista.
Naceu coa intención de continuar co labor de Tierra Gallega, ambos os dous semanarios foron fundados e dirixidos por José M.ª Barreiro.

Números conservados en formato dixital:

1918: n. 1-12
1919: n. 13

Casa de Galicia de Montevideo

Galicia en Valencia : Órgano Informativo de la Hermandad Gallega de Valencia

Esta revista societaria foi creada pola Hermandad Gallega de Valencia, para informar aos seus socios dos actos sociais e culturais desenvolvidos e/ou nos que tivo participación a entidade. Complétase con noticias procedentes de Galicia e actualidade deportiva. Tamén inclúe composicións literarias.

Números conservados en formato papel:

1988: n. 1
1993: n. 11
1994: n. 12

Hermandad Gallega de Valencia

Galicia en Madrid : Revista de Letras, Ciencias y Artes

Esta revista societaria foi creada, inicialmente, como boletín interno do Centro Gallego co obxectivo de informar sobre as actividades do mesmo e servir de medio de comunicación entre os seus socios. Posteriormente, desde o número 6, cambia de editor e atende preferentemente a aspectos da realidade e da cultura galegas. Inclúe unha gran cantidade de colaboracións literarias (contos, lendas, poesías), recensións de libros e revistas, biografías de escritores galegos, artigos sobre música, arte, lingua, etc. e, en menor medida, traballos sobre outros aspectos da sociedade galega como pode ser a economía, o turismo, a gastronomía, entrevistas, etc. Contén tamén un noticiario cultural de Galicia e información sobre as actividades realizadas por GRUGALMA e outras agrupacións galegas existentes en Madrid.

Números conservados en formato papel:

2ª época:
1984: n. 8-9
1985: n. 15
1986: n. 16, 18-19
1987: n. 20-21, 23
1988: n. 26-27
1989: n. 28, 30-31
1990: n. 32-33, 35
1991: n. 36-39
1992: n. 40-43
1993: n. 44-47
1994: n. 48-51
1995: n. 52-55
1996: n. 57-58
1997: n. 59-60
1998: n. 61-62
1999: n. 63-64
2000: n. 65-66
2001: n. 67-68
2002: n. 69, 71
2003: n. 72-74
2004: n. 75-77
2005: n. 78-79
2006: n. 80-81
2007: n. 82-83
2008: n. 84
2009: n. 85

Grupo Cultural Galicia en Madrid GRUGALMA

Galicia en Madrid : Boletín interno de la Sociedad

Esta revista societaria foi creada, inicialmente, como boletín interno do Centro Gallego co obxectivo de informar sobre as actividades do mesmo e servir de medio de comunicación entre os seus socios. Posteriormente, desde o número 6, cambia de editor e atende preferentemente a aspectos da realidade e da cultura galegas. Inclúe unha gran cantidade de colaboracións literarias (contos, lendas, poesías), recensións de libros e revistas, biografías de escritores galegos, artigos sobre música, arte, lingua, etc. e, en menor medida, traballos sobre outros aspectos da sociedade galega como pode ser a economía, o turismo, a gastronomía, entrevistas, etc. Contén tamén un noticiario cultural de Galicia e información sobre as actividades realizadas por GRUGALMA e outras agrupacións galegas existentes en Madrid.

Números conservados en formato papel da publicación editada polo Centro Gallego de Madrid:

1ª época:
1982: n. 1, 3-5

Centro Gallego de Madrid

Galicia en Londres

Publicación societaria que comeza a publicarse en 1991 para servir de vehículo informativo á comunidade galega de Londres en paricular e do Reino Unido en xeral; para servir de portavoz de tódolos galeguistas e amantes da nosa terra e cultura. Nela tratan temas de cultura, folclore, traballo, sociedade, educación, deporte, política, etc.

Número conservado en formato papel:

1991: n. 0

Centro Gallego de Londres

Galicia en Chile : Órgano de la Agrupación Gallega de Valparaíso y portavoz de la Colonia Española en Chile

Esta publicación societaria contén información sobre as actividades da entidade editora e contén numerosos artigos de carácter cultural que tratan sobre a historia, arte, literatura e xeografía de Galicia, etc., nun intento de «coadyuvar a intensificar siempre más el intercambio y las relaciones cordiales existentes entre Chile y la Madre Patria y defender los intereses de sus hijos residentes». Inclúe ademais relatos literarios, poesías, notas bibliográficas, páxinas de humor e reportaxes gráficas.

Números conservados en formato papel (fotocopias):

1929: n. 2
1930: n. 6

Agrupación Gallega de Valparaíso

Galicia en Catalunya : Órgano del Centro Gallego de Barcelona

Revista societaria "froito do traballo en común realizado polas comunidades galegas en Cataluña para fornecer a Galeguidade". Informa pois das actividades organizadas por varias entidades galegas en Cataluña e tamén hai artigos sobre Galicia (un dos números está dedicado ao concello de Mondoñedo). Non esquecen a cultura e a sociedade catalana na que viven inmersos.

Números conservados en formato papel:

2014
2015

Centro Gallego de Barcelona

Galicia avui = Galicia hoxe

Esta publicación societaria está editada con motivo da celebración da Festa das autonomías para informar aos socios do Centro Galego Nós de Sabadell do programa de actividades que están organizadas para esa festa e na que participan diversas asociacións de españois asentados en Cataluña. Ademais dun saúda do seu presidente, hai algunha colaboración literaria e artigos sobre os grupos folclóricos e asociacións que colaboran na festa.

Números conservados en formato papel:

  • 2001
  • 2003
  • 2007

Centro Gallego Nós

Follas Novas

Esta publicación societaria está dirixida á xuventude da Casa de Galicia de Bilbao, contendo noticias anecdóticas sobre a institución, seccións de ocio e pasatempos, algunha entrevista e declaracións institucionais.

Números conservados en formato papel:

1988: n. 1-2, 4
1989: n. 5, 7

Casa de Galicia de Bilbao

Fogar de Breogán : Voceiro do Centro Galego de Hannover

Esta publicación societaria informa das diferentes actividades organizadas pola entidade editora, o Centro Galego de Hannover en Alemaña. Compleméntase con escritos sobre a arte, cultura, tradicións galegas e unha sección de pasatempos.

Número conservado en formato papel:

1988: setembro

Centro Gallego de Hannover

Fiesta de Santiago : Teatro Nacional

Publicación da Sociedad de Beneficencia Naturales de Galicia con motivo da celebración da Festa de Santiago.

Números conservados en formato dixital e impreso:

1935: Fiesta de la Música Gallega
1936: Maruxa
1937: [s.n.]

Número conservado en formato papel (orixinal):

1935: Fiesta de la Música Gallega

Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia

Fiesta de las Nacionalidades y Comunidades Autónomas

Publicación societaria editada con motivo da celebración dunha festa popular organizada pola sociedade Irmandade A Nosa Galiza de Mollet del Vallès para toda a colectividade inmigrante residente na comarca. Ademais do programa de actividades organizadas, hai tamén información sobre a entidade e o seu grupo de música e danza etc. Tamén reproducen textos literarios galegos e cataláns e pequenos artigos sobre lugares e monumentos galegos.

Números conservados en formato papel:

  • 1987: VIII festa
  • 1989: X festa
  • 1990: XI festa
  • 1991: XII festa
  • 1992: XIII festa
  • 1996: XVII festa
  • 2000: XXI festa
  • 2001: XXII festa
  • 2004: XXV festa
  • 2005: XXVI festa
  • 2006: XXVII festa
  • 2007: XXVIII festa
  • 2008: XXIX festa
  • 2010: XXXI festa
  • 2011: XXXII festa
  • 2012: XXXIII festa

Irmandade A Nosa Galiza

Festival de Danzas Folklóricas Internacionales

Publicación editada para dar a coñecer e difundir a actividade artística dos numerosos grupos folclóricos das entidades de emigrantes residentes en Venezuela. A Hermandad Gallega de Venezuela e o seu grupo de danza Semente Nova organizan a edición do ano 2003 do Festival de Danzas Folclóricas Internacionales e con tal motivo editan esta revista para publicitar este certame.

Número conservado en formato papel:

2003: XXIVº festival

Hermandad Gallega de Venezuela

Festas do Santiago

Boletín societario editado con motivo da celebración das Festas do Apóstolo. Ademais do programa das festas cos diversos actos festivos, culturais e deportivos, a directiva aproveita para informar de diversas cuestións interesantes para os socios. A metade da publicación son textos literarios, escritos todos en galego.

Números conservados en formato papel:

1984 (220 x 156 mm)
1986 (215 x 150 mm)
2005 (tamaño A4)

Centro Gallego de Vizcaya en Baracaldo

Resultados 101 a 120 de 204