Showing 176 results

Archival description
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Bos Aires (Cidade) Subseries
Print preview View:

1 results with digital objects Show results with digital objects

Hércules : tribuna independiente

Publicación societaria editada polas sociedades agrarias galegas en Bos Aires, co obxectivo de dar a coñecer as noticias e informacións de máis interese para os emigrantes da provincia da Coruña en Bos Aires. Inclúe artigos sobre os concellos e parroquias de Boqueixón, Oza, Vedra, Lestedo, realizando unha crítica moi dura á súa situación económica e social e aos poderes eclesiásticos. Tamén recolle a vida das institucións de emigrantes dos concellos de Teo, Rois, Ames, Boqueixón (asembleas, reunións, acordos, mocións). Por último, contén noticias da actualidade de Galicia e páxinas de pasatempos, arte e cultura. Sucede a "El Eco de Teo".

Números conservados en formato papel (fotocopias):

1921: n. 59-71
1922: n. 72-82
1923: n. 83-90; 100-103
1924: n. 105-107; 109-112; 115-116
1925: n. 117-119; 121; 123; 125-127
1926: n. 128; 131; 134-135; 138-139
1927: n. 141-142; 145-148
1928: n. 152-159

Federación de residentes de Teo en Sudamérica

El Estradense : Publicación Mensual del "Centro Cultural del Partido de la Estrada"

Esta publicación societaria trata na súa maior parte das actividades e o labor da institución. Informa sobre a actualidade de Galicia e da comarca estradense (tomando como referencia as noticias recollidas na prensa galega). O resto da publicación son artigos de temática moi diversa (entrevista ao alcalde, historia e actualidade da Estrada, a emigración, o nadal, tradicións, cultura, etc.), que se complementan con colaboracións literarias e páxinas de ocio e gastronomía.

Números en formato papel:

  • 1988: n. 5
  • 1989: n. 11-12
  • 1992: n. 29, 31- 33
  • 1993: n. 45
  • 1994: n. 54- 56
  • 1995: n. 57-63
  • 1996: n. 73-74

Centro cultural del partido de La Estrada

Portas : Revista de la Sociedad Residentes del Ayuntamiento de Portas y sus contornos

Revista societaria creada para dar a coñecer aos seus socios a memoria e balance xeral da entidade, así como as actividades organizadas pola mesma. Aparecen diversos artigos sobre o concello de Portas e a súa bisbarra e tamén sobre persoeiros da cultura galega como Domingo Faustino Sarmiento, "propulsor de la enseñanza", ou Domingo Fontán Rodríguez. Edítase conmemorando o aniversario fundacional da sociedade.

Número conservado en formato microfilme:

  • 1949: novembro

Sociedad residentes del ayuntamiento de Portas y sus contornos

Alén Mar

Publicación societaria na que se informa sobre as diversas actividades da entidade, ademais de contar con pequenos artigos sobre Galicia, autores galegos, etc.

Números conservados en formato dixital, nun CD publicado polo Centro Ramón Piñeiro en 2007:

  • 1961: n. 1
  • 1962: n. 2
  • 1963: n. 3-4

Números conservados en formato papel:

  • 1962: n. 2
  • 1963: n. 3-4

Asociación Argentina de Hijos de Gallegos

Carbia : Revista editada por la Sociedad Unión Residentes del Ayuntamiento de Carbia

Esta publicación societaria está destinada a informar aos emigrantes do concello de Vila de Cruces, residentes en Bos Aires, sobre as actividades sociais; ademais aparecen artigos sobre Galicia e o seu concello natal.

Números conservados en formato papel:

Fotocopias:

  • 1961: n. 10-25, n. especial Bodas de Plata

Orixinal:

  • 2000: n. de novembro

Unión residentes del ayuntamiento de Carbia, hoy Vila de Cruces

Correo de Galicia : del "Grupo Nós" de Buenos Aires

Este periódico de información xeral recolle principalmente as novas da colectividade e as actividades das diferentes institucións, visitas de personalidades, etc., incluíndo noticias da actualidade galega (políticas, económicas, sociais) recollidas principalmente dos xornais editados aquí. Outros artigos fan referencia á historia da colectividade, á cultura galega, á emigración, á cociña galega, etc.

Números conservados en formato papel:

  • 1995: n. 1
  • 1996: n. 2-3, 5, 7-10
  • 1997: n. 11-12, 21-22
  • 1998: n. 27

Grupo Nós de Bos Aires

Mondoñedo : Publicación Oficial de la sociedad Mondoñedo y sus distritos

Publicación societaria que está dedicada na súa maior parte a informar das actividades e situación interna da Sociedad Mondoñedo y sus distritos de Buenos Aires. Inclúe ademais novas referidas á actualidade galega, especialmente da comarca de referencia, que aparecen recollidas en «Noticias de Mondoñedo». Defende os intereses locais, como o paso do ferrocarril central galego por Mondoñedo, e realiza diferentes chamamentos ás autoridades municipais. Por último, aparecen artigos e reflexións de temática moi variada e diversas colaboracións literarias.

Números conservados en formato microficha:

  • 1926: n. 4
  • 1927: n. 11, 13-14
  • 1928: n. 15-16

Sociedad de Mondoñedo y sus distritos

El Republicano español

Este xornal dirixido por Indalecio Cuadrado defende desde as súas páxinas o ideario republicano, analizando a política e a realidade socioeconómica e cultural de España nese momento. Informa ademais sobre as sociedades españolas creadas na Arxentina.

Números conservados en microfilme:

1909: n. 79; 102; 104; 127
1910: n. 186; 239; 243; 245; 248-250; 252-255; 257-258; 264; 267; 276-277
1911: n. 303-304

Federación republicana española de América

Fomento de la Instrucción Gallega : Órgano de la Sociedad Pro Escuela en Bandeira

Esta publicación societaria informa das actividades da sociedade instructiva «Pro-Escuela en Bandeira» e achega aos seus socios as noticias da súa localidade natal e de Galicia («Notas locales», «Información Regional»). Tamén contén abundantes colaboracións literarias e artigos de temática variada, entre os que citamos «Sección Argentina», na que Saga Tevama reflexiona sobre diversos aspectos educativos e pedagóxicos, temática que se repite en numerosos artigos.

Números conservados en formato papel (fotocopias):

  • 1909: n. 2-5
  • 1910: n. 6-17
  • 1911: n. 18-21

Sociedad pro-escuelas en Bandeira

Informe Pro Consello de Galiza

Informe elaborado por Xosé B. Abraira durante unha viaxe que realizou a Galiza, Río de Xaneiro, Madrid, A Habana e México (1950), conservado en formato papel (fotocopias).

Consello de Galiza

Informe sobre o "movemento europeo"

Informe elaborado por César Alvajar durante a súa estadía en París sobre o "movemento europeo" e a necesidade de que Galicia se integre nel, conservado en formato papel (orixinal e fotocopia).

Consello de Galiza

Unión Gallega

Esta publicación foi editada pola agrupación do mesmo nome do Centro Gallego, con motivo das eleccións á asemblea de representantes da institución. Os contidos da revista circunscríbense a esta finalidade, reproducindo o programa electoral, unha nota biográfica dos candidatos e unha síntese do labor realizado pola agrupación no mandato anterior. Á parte da publicación electoral, ás veces sae algún número extraordinario con motivo dalgún acontecemento especial, como o correspondente a abril de 1988, editado con motivo do 50 aniversario da agrupación.

Número en papel: 1988 (abril)

Centro Gallego de Buenos Aires

Región Galaica : Órgano del Centro Gallego

Primeiro boletín editado polo Centro Gallego para informar das súas actividades sociais e dos acordos das diferentes seccións e da comisión directiva («Sección Oficial»). Contén ademais colaboracións literarias, artigos sobre a actualidade política, noticias da actualidade galega («Sección Regional») e de España, novas da colectividade, etc.

Número en papel (fotocopias):

1907: n. 4

Números en microficha:

1907: 5-6; 8
1908: n. 9-10

Centro Gallego de Buenos Aires

Acción Gallega : Publicación oficial de Casa de Galicia

Publicación societaria que informa das actividades da asociación, das súas seccións e da colectividade emigrada. Presta unha especial atención á difusión da cultura galega, neste sentido destaca a colaboración de importantes personalidades da emigración con numerosos artigos literarios (nas seccións "Nuestro cuento", "Poética"), páxinas ilustradas dedicadas a comarcas e cidades, notas históricas e bibliográficas de Galicia, comentarios da economía sobre a sociedade galega, etc. Dirixida nunha época polo galeguista Rodolfo Prada.

Números dixitalizados:

1920: n. 1-7
1921: n. 8-16
1922: n. 17-26
1923: n. 28-29, 32-33, 35-36, 39
1924: n. 42-44, 46-51
1925: n. 52-55, 57-58

Asociación Casa de Galicia de Buenos Aires

Domselaar : Revista del Hogar Gallego para Ancianos

Revista societaria na que informan aos socios das actividades polo 59º aniversario fundacional e das visitas de políticos galegos ás súas instalacións. As páxinas centrais están dedicadas á residencia para a terceira idade que mantén a sociedade, cos servizos e instalacións que posúen. Teñen tamén un pequeno apartado cultural cunhas páxinas dedicadas a Fray Martín Sarmiento e algúns poemas

Número conservado en papel:

2002: diciembre

Hogar gallego para ancianos

Federación de sociedades españolas de Buenos Aires

Esta publicación foi editada pola Federación de Sociedades Españolas de Buenos Aires con motivo da celebración do cincocentos aniversario do descubrimento de América. Ademais de artigos sobre esta data e a presenza española no continente americano, a maior parte da revista céntrase nas memorias históricas das sociedades españolas que integran a federación, así como as actividades e directivas coas que contan nese momento.

Número publicado polo 5º centenario do Descubrimento de América:

1992 (150 páxinas)

Federación de sociedades españolas de Buenos Aires

Coro Galego Brétemas e Raiolas : No seu 5º ano de eisistencia

Esta publicación cultural está editada con motivo do quinto aniversario do Coro Galego Brétemas e Raiolas. Contén colaboracións literarias e traballos sobre diversos aspectos da cultura galega, especialmente sobre a música e os coros e inclúe artigos nos que se fan varios chamamentos á mocidade emigrante para que non esqueza as súas orixes e participe nas actividades da colectividade. A revista complétase cunha breve descrición da historia do Coro e doutras institucións culturais galegas e un programa dos actos que van ser celebrados.

Número conservado en papel:

1958: n. único (5º aniversario da institución)

Coro galego Brétemas e Raiolas

Results 121 to 140 of 176