Print preview Close

Showing 31 results

Archival description
Fondos do Arquivo da Emigración Galega América File Escolas
Print preview View:

1 results with digital objects Show results with digital objects

Fotografías

Fotografías realizadas durante as actividades da sociedade "El Valle de Oro", conservadas en formato dixital: Xuntas Directivas, Presidentes, escolas, festivais, etc.

El Valle de Oro. Sociedad de instrucción, protección y recreo

Facturas das escolas

Facturas das escolas da sociedade "Liga Santaballesa", conservadas en formato papel (fotocopias):

  • Facturas relativas ao edificio escolar
  • Facturas relativas ao material didáctico

Liga Santaballesa de Educación e Instrucción

Folletos sobre o Instituto Santiago Apóstol

Folletos informativos nos que se da a coñecer o Instituto Argentino-Gallego "Santiago Apóstol", fruto da colaboración da Xunta de Galicia e o Centro Galicia de Bos Aires por medio da Fundación Galicia-América:

  • Tríptico coa descrición do centro, a proposta educativa, as actividades e os niveis educativos (1998)
  • Folla voandeira co aviso da nova inscrición e indicación de ensino oficial (2003)
  • Folleto informativo (2005)

Centro Galicia de Buenos Aires

Folletos do Centro Galicia de Buenos Aires

Folletos do Centro Galicia de Buenos Aires:

  • Folleto con información sobre as entidades precedentes e o Centro Galicia, as súas sedes sociais e deportivas nese momento e a futura sede social (05/1988) (16 páxinas)
  • Folleto informativo sobre a institución, as actividades culturais e deportivas que desenvolve, as súas instalacións e o anuncio do primeiro centro educativo arxentino-galego (07/1992) (24 páxinas)
  • Folleto con información mutualista e o programa do Festival Anual de fin de curso de 1993 (28 páxinas)

Centro Galicia de Buenos Aires

Fotografías

Fotografías tomadas en actividades da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Cerdido": tomas de posesión, escolas, panteóns, actos, comidas, etc., conservadas en formato dixital.

Hijos del Ayuntamiento de Cerdido

Documentación das escolas

Documentación relativa á fundación das escolas promovidas pola sociedade "Monterroso y Antas de Ulla" na parroquia, conservada en formato dixital e impreso:

  • Planos que formaban parte dun proxecto de construcción de escolas (27/05/1920) (4 páxinas)
  • Escritura de venda do terreo da familia Fente Fernández no termo de Verín, Monterroso (19/06/1926) (4 páxinas)
  • Acta notarial de subsanación do contrato en favor de Teolindo Cortiñas Toural (31/12/1927) (5 páxinas)
  • Escritura de doazón de Manuel García Núñez a favor de Verísimo García López (01/03/1928)
  • Escritura de doazón de terreos da parroquia de San Cibrao de Barreiro, Antas de Ulla, de Manuel García Núñez a favor da sociedade (24/03/1928) (3 páxinas)
  • Escritura de subsanación outorgada por Manuel García Núñez a favor de Verísimo García López (07/11/1928) (6 páxinas)
  • Copia do poder outorgado pola sociedade a favor de Teolindo Cortiñas Toural, José Valcárcel Luna, Antonio García Vázquez e Gabino Vázquez ante o Cónsul de España (23/12/1929) (6 páxinas)
    • Escritura de compromiso outorgado por Gabino Vázquez Fernández a favor da sociedade (14/03/1932) (5 páxinas)
  • Copia do compromiso do Comité encargado da execución das obras dunha casa-escola en Porto Gradio, Santiago de Reboredo (07/02/1936) (2 páxinas)
  • Escritura de traspaso de propiedades da sociedade a favor do concello de Monterroso (10/10/1955) (10 páxinas)

Monterroso y Antas de Ulla

Correspondencia realtiva ás escolas

Correspondencia relativa á construcción das distintas escolas promovidas pola sociedade "Monterroso y Antas de Ulla" nos concellos de Monterroso e Antas de Ulla, entre os anos 1923 e 1938, conservadas en formato dixital e impreso.

Monterroso y Antas de Ulla

Documentación relativa á fundación do Colexio Castelao

Libro que contén a documentación relativa á fundación do Colexio Castelao da "Hermandad Gallega de Venezuela", conservado en formato dixital:

  • Anteproxecto e informe preliminar (17/05/1962) (9 páxinas)
  • Libro do Comité Pro Escolas "Castelao" con 33 actas dende 04/07/1964 ata o 16/06/1966 (pp. 31-88)
  • Relación de libros (11 páxinas)

Hermandad Gallega de Venezuela

Documentación da escola

Escrituras notariais da "Sociedad de Instrucción Progreso de Coles", conservadas en formato dixital e impreso:

  • Escritura notarial dunha cesión económica coa sociedade "Agricultores de Coles" (19/08/1911)
  • Escritura notarial dun préstamo con hipoteca (20/09/1957)

Sociedad Progreso de Coles

Results 21 to 31 of 31