Amosando 25 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega A Golada Unidade documental composta
Previsualización da impresión Ver:

Correspondencia mantida coa sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Golada y sus contornos" de Bos Aires

Correspondencia mantida entre a sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Golada" de A Habana e a sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Golada y sus contornos" de Bos Aires, conservada en formato dixital e impreso:

  • Carta enviada dende a sociedade bonaerense para tratar relacións bilaterais (31/08/1964)
  • Carta enviada dende a sociedade habanera para tratar relacións bilaterais (08/02/1965)
  • Carta enviada dende a sociedade habanera para enviarlles unha fotografía da Xunta Directiva (20/08/1973)

Hijos del Ayuntamiento de Golada

Correspondencia enviada

Correspondencia enviada pola sociedade "Hijos del Partido de Lalín", conservada en formato dixital:

  • Convite aos socios a celebrar o aniversario societario (01/07/1952)
  • Carta enviada ao Alcalde Municipal de A Habana para solicitarlle un permiso para a festa polo 44º aniversario societario (19/04/1954)
  • Carta da Comisión Organizadora dos Actos Conmemorativos polo 80º aniversario societario en agradecemento ao seu Presidente ó longo de 30 anos, Ramón Fernández Rodríguez (20/03/1990)

Hijos del Partido de Lalín

Correspondencia electoral

Correspondencia electoral da sociedade "Hijos del Partido de Lalín", conservada en formato dixital:

  • Carta enviada ao Gobernador da Provincia de A Habana acerca dos resultados electorais (31/01/1945)
  • Carta enviada ao Gobernador da Provincia de A Habana acerca dos resultados electorais (14/03/1947)
  • Carta enviada ao Cronista de Sociedades Españolas acerca dos resultados electorais (15/03/1947)

Hijos del Partido de Lalín

Correspondencia con Antonio García Prado

Correspondencia mantida entre o Presidente da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Golada", César Carrera Gallego, e o emigrado en Miami Antonio García Prado, conservada en formato dixital e impreso:

  • Carta enviada polo Presidente acerca da sociedade de Monterroso (26/02/1969)
  • Carta recibida polo Presidente acerca da vida cubana en Miami (31/10/1969)
  • Carta enviada polo Presidente con información sobre as actividades das sociedades de A Golada e Monterroso (09/02/1970)
  • Carta enviada polo Presidente cun informe de actividades da sociedade (11/02/1971)

Hijos del Ayuntamiento de Golada

Correspondencia co concello de A Golada

Correspondencia mantida entre a sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Golada" e o concello de A Golada, conservada en formato dixital e impreso:

Acerca da doazón dun reloxio eléctrico para o edificio do concello:

  • Carta enviada ao Alcalde de A Golada, Licerio Hermida (23/05/1958)
  • Carta enviada a Manuel Varela (23/05/1958)
  • Certificado de recepción da doazón do reloxio, asinado polo Secretario do concello de A Golada, Antonio Tejada Carrascal (30/08/1958)
  • Carta enviada polo Alcalde de A Golada, Licerio Hermida (30/08/1958)

En agradecemento polo envío dunha fotografía da Xunta Directiva:

  • Certificado do Secretario do concello de A Golada, Wenceslao Sarandeses Rodríguez (06/10/1973)

Con motivo de compartir datos históricos da sociedade:

  • Carta enviada ao Alcalde do concello de A Golada (01/10/1990)

Hijos del Ayuntamiento de Golada

Resultados 21 a 25 de 25