Amosando 51 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Pontevedra (Provincia) Unidade documental composta Emigración galega
Previsualización da impresión Ver:

Documentación da Sección de Propaganda

Documentación da Sección de Propaganda da sociedade "Hijos del Valle del Ulla y su Comarca", conservada en formato dixital e impreso:

  • Libro das reunións da Sección de Propaganda coas actas 13-76 dende o 04/07/1929 ata o 29/07/1944 (115 páxinas)
  • Regulamento interior da Sección de Propaganda aprobado o 11/07/1929 (6 páxinas)

Hijos del Valle del Ulla y su Comarca

Documentación da Comisión Pro-Unidad

Documentación da Comisión Pro-Unidad:

  • Proposta das sociedades lalinenses para facer a Fusión (28/09/1979) (1 páxina)
  • Convenio de fusión das sociedades do Partido de Lalín (28/08/1980) (3 páxinas)

Centro Lalín de Buenos Aires

Correspondencia varia

Correspondencia da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Golada" de A Habana durante os anos 1958-1995, conservada en formato dixital e impreso:

  • Carta enviada aos socios recomendando a Manuela García (28/05/1958)
  • Carta enviada a Fernando Magariños Torres, Xefe da Sección de Asistencia Social do Instituto Español de Emigración do Ministerio de Traballo, para enviarlle unha enquisa (21/12/1967)
  • Carta enviada á Federación de Sociedades Españolas de Cuba relativa á relación entre sociedades (06/04/1969)
  • Carta enviada á Federación de Sociedades Españolas de Cuba relativa á relación entre sociedades (09/12/1969)
  • Carta enviada polo Cónsul Xeral de España en Cuba, Joaquín Eduardo de Thomas, sobre a concesión da Medalla de ouro colectiva ao Mérito no Traballo outorgada polo Ministerio a proposta do Instituto Español de Emigración (12/03/1971)
  • Carta enviada ao Alcalde de As Pontes de García Rodríguez, Aquilio Meizoso, en agradecemento pola axuda económica recibida para as obras de restauración do Panteón da sociedade (07/05/1995)

Hijos del Ayuntamiento de Golada

Correspondencia recibida

Correspondencia recibida pola sociedade "Hijos del Partido de Lalín", conservada en formato dixital:

  • Carta enviada pola Sociedade "Curros Enríquez del Partido de Celanova" para ofrecer un salón para actividades (19/01/1955)
  • Carta enviada polo "Comité de Ayuda al Patronato Rosalía de Castro" sobre unha aportación económica (29/09/1955)
  • Carta enviada por CIFESA sobre a presentación do film "Viento del Norte" (15/11/1955)
  • Carta enviada polo Banco Gelats sobre a "Homenaje de los Españoles y sus Hijos a la República de Cuba" (20/01/1956)
  • Carta enviada pola sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Golada" coa invitación a celebrar o seu aniversario (09/1972)
  • Carta enviada pola sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Capela" coa invitación para celebrar o seu 51º aniversario (31/07/1979)

Hijos del Partido de Lalín

Correspondencia mantida coa sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Golada y sus contornos" de Bos Aires

Correspondencia mantida entre a sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Golada" de A Habana e a sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Golada y sus contornos" de Bos Aires, conservada en formato dixital e impreso:

  • Carta enviada dende a sociedade bonaerense para tratar relacións bilaterais (31/08/1964)
  • Carta enviada dende a sociedade habanera para tratar relacións bilaterais (08/02/1965)
  • Carta enviada dende a sociedade habanera para enviarlles unha fotografía da Xunta Directiva (20/08/1973)

Hijos del Ayuntamiento de Golada

Correspondencia enviada

Correspondencia enviada pola sociedade "Hijos del Partido de Lalín", conservada en formato dixital:

  • Convite aos socios a celebrar o aniversario societario (01/07/1952)
  • Carta enviada ao Alcalde Municipal de A Habana para solicitarlle un permiso para a festa polo 44º aniversario societario (19/04/1954)
  • Carta da Comisión Organizadora dos Actos Conmemorativos polo 80º aniversario societario en agradecemento ao seu Presidente ó longo de 30 anos, Ramón Fernández Rodríguez (20/03/1990)

Hijos del Partido de Lalín

Correspondencia electoral

Correspondencia electoral da sociedade "Hijos del Partido de Lalín", conservada en formato dixital:

  • Carta enviada ao Gobernador da Provincia de A Habana acerca dos resultados electorais (31/01/1945)
  • Carta enviada ao Gobernador da Provincia de A Habana acerca dos resultados electorais (14/03/1947)
  • Carta enviada ao Cronista de Sociedades Españolas acerca dos resultados electorais (15/03/1947)

Hijos del Partido de Lalín

Correspondencia do centro

Correspondencia de "Unión Agrícola de Salceda de Caselas" e do "Centro Protección Agrícola del Distrito de Salceda" dende 1918

Centro Protección Agrícola del Distrito de Salceda

Correspondencia con Antonio García Prado

Correspondencia mantida entre o Presidente da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Golada", César Carrera Gallego, e o emigrado en Miami Antonio García Prado, conservada en formato dixital e impreso:

  • Carta enviada polo Presidente acerca da sociedade de Monterroso (26/02/1969)
  • Carta recibida polo Presidente acerca da vida cubana en Miami (31/10/1969)
  • Carta enviada polo Presidente con información sobre as actividades das sociedades de A Golada e Monterroso (09/02/1970)
  • Carta enviada polo Presidente cun informe de actividades da sociedade (11/02/1971)

Hijos del Ayuntamiento de Golada

Correspondencia co concello de A Golada

Correspondencia mantida entre a sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Golada" e o concello de A Golada, conservada en formato dixital e impreso:

Acerca da doazón dun reloxio eléctrico para o edificio do concello:

  • Carta enviada ao Alcalde de A Golada, Licerio Hermida (23/05/1958)
  • Carta enviada a Manuel Varela (23/05/1958)
  • Certificado de recepción da doazón do reloxio, asinado polo Secretario do concello de A Golada, Antonio Tejada Carrascal (30/08/1958)
  • Carta enviada polo Alcalde de A Golada, Licerio Hermida (30/08/1958)

En agradecemento polo envío dunha fotografía da Xunta Directiva:

  • Certificado do Secretario do concello de A Golada, Wenceslao Sarandeses Rodríguez (06/10/1973)

Con motivo de compartir datos históricos da sociedade:

  • Carta enviada ao Alcalde do concello de A Golada (01/10/1990)

Hijos del Ayuntamiento de Golada

Álbumes

Álbumes con fotografías do "Centro recreativo Uniâo do Río Tea", conservadas en formato dixital.

Centro recreativo Uniâo do Río Tea

Resultados 41 a 51 de 51