Amosando 627 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega América Unidade documental composta Emigración galega
Previsualización da impresión Ver:

54 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Publicacións pola festividade do Apóstolo

Folletos editados con motivo da festividade do Apóstolo, conservados en formato papel:

  • Díptico "Festividades do Apóstolo Xacobeo '99", con información sobre o Camiño de Santiago e o programa de actos.
  • Díptico "Exposiçao Aquarelas : Antonio Lobo" (2001)
  • Tríptico "Festival Santiago Apóstol Caballeros de Santiago 2001", con información sobre o Camiño de Santiago e o programa de actos.
  • Políptico "Festividades Santiago Apóstolo 2007", co programa de actos.

Vídeo con motivo da festividade do Apóstolo do ano 2007, conservado en formato DVD.

Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago

Proxecto de reforma dos Estatutos do Centro Benéfico Social Hijos de La Estrada

Proxecto de reforma dos Estatutos do "Centro Benéfico Social Hijos de La Estrada":

Conservado en formato dixital e impreso:

  • Proxecto de reforma do 27/10/1987 (10 páxinas)

Conservado en formato papel (fotocopias):

  • Copia certificada do 13/10/2003 (14 páxinas)

Centro Benéfico Social Hijos de La Estrada

Proxecto cultural

Carta enviada polo Presidente da asociación, Santiago Coelho Rodríguez Campo, para facer chegar a súa tarxeta e o proxecto cultural deseñado para o período 2008-2009. O AEG conserva o proxecto cultural en papel e CD.

Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago

Programas

7 programas:

  • Programa de Festas de San Roque e os Caneiros (1984/08)
  • Programa de Festas de San Roque e os Caneiros (1988/08)
  • Tríptico da celebración do 85º aniversario do Centro Betanzos (03/12/1990)
  • Tríptico da celebración do 86º aniversario do Centro Betanzos (30/11/1990)
  • 90º aniversario do Centro Betanzos. Xeito Novo. Os Rumorosos (1995)
  • "A gaita fálanos de festas". Programa de actos en celebración do 95º aniversario da asociación Centro Betanzos (2000)
  • Tríptico da celebración do 97º aniversario do Centro Betanzos (08/12/2002)

Centro Betanzos

Programa de actos das "Xornadas da Cultura Galega"

Programas de actos organizados polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" con motivo das "Xornadas de Cultura Galega" celebradas en Montevideo nos anos:

  • 1966 (11ª)
  • 1967 (12ª)
  • 1968 (13ª)
  • 1969 (14ª)
  • 1970 (15ª)
  • 1971 (16ª)
  • 1972 (17ª)
  • 1974 (19ª)
  • 1975 (20ª)
  • 1976 (21ª)
  • 1977 (22ª)
  • 1978 (23ª)
  • 1979 (24ª)
  • 1980 (25ª)
  • 1983 (28ª)

Patronato da cultura galega de Montevideo

Planos dun edificio societario

PLANOS de construción do edificio de recreo e das escolas financiado polos emigrantes naturais da Devesa en América. Os planos son enviados dende A Habana e están asinados polo aparellador Domingo Rañón Fernández (30/11/1920), conservados en formato dixital e impreso.

Círculo Habanero de La Devesa

Planos do Campo Social de San Isidro

Planos para acometer ampliación no Campo Social de San Isidro da "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua", conservados en formato papel, dos anos 1955, 1961 e sen data.

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Permisos para emigrar

Certificados de soltería e permisos para emigrar á cidade de A Habana de 1915 e 1919, conservados en formato dixital.

El Valle de Lemos, Sociedad de instrucción, protección y recreo

Partituras musicais

5 partituras musicais (fotocopias):

  • Apanhando berberechos (música de Herre Chiguelo)
  • Amor espinhento (música de Herre Chiguelo)
  • Eu quería-me casar (arreglo de Miguel Groba)
  • Velai vai... (armonización de Francisco Rey Rivero)
  • La musa frente a las pistolas (León Rojo)

Coral galega Os Rumorosos

Modelos societarios

Modelos da sociedade "Unión Trivesa", conservados en formato dixital:

  • Modelo de diploma
  • Modelo de convite á reunión da Xunta Directiva
  • Modelo de solicitude de ingreso

Unión Trivesa

Modelos societarios

Modelos de documentos da sociedade "Unión de Baleira", conservados en formato dixital:

  • 3 modelos de recibo de cobro
  • 1 modelo de cheque do Banco Nacional de Cuba
  • 3 modelos de solicitude de inscrición
  • 1 modelo de ficha de inscrición
  • 1 modelo de carné

Unión de Baleira

Modelos de recibos do pago da cota social para os socios do Círculo Habanero de la Devesa na Habana

Recibos do pago da cota social para os socios do Círculo Habanero de la Devesa na Habana.
Formato 1: Recibo a nome de Secundino Bolaño López, con data de 1 de xaneiro de 1930
Formato 2: Recibo sen cubrir con data de 1 de xaneiro de 1926

Círculo Habanero de La Devesa

Modelos de folios

Folios orixinais da entidade, conservados en formato papel:

  • Folio co timbre: "Sociedad Roupar y Lousada, Centro Gallego, Habana"
  • Folio co timbre: "Roupar y Lousada, Sociedad de Recreo y Beneficencia, Palacio del Centro Gallego, La Habana. Miembro de la Federación de Sociedades Españolas de Cuba. Miembro de la Federación de Sociedades Gallegas de Cuba"

Roupar y Lousada, Sociedad de Recreo y Beneficencia

Resultados 41 a 60 de 627