Amosando 147 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega América Unidade documental composta Cartas
Previsualización da impresión Ver:

36 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Carta coa enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas"

Carta enviada por Graciela Pérez, filla do Presidente da sociedade "Centro Gallego de Santa Fé", á Directora do Arquivo da Emigración Galega, María Xosé Rodríguez Galdo, o día 16/05/1997 en contestación á súa solicitude de información. Adxuntos á carta remitiron a seguinte documentación:

  • Folleto conmemorativo do 75º aniversario da sociedade
  • Programa de actos polo 75º aniversario
  • Enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas"

Centro Gallego de Santa Fé

Carta coa enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas"

Carta enviada polo Presidente do "Centro Unión Orensana de La Habana", Xosé Manuel Docampo, á Directora do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, María Xosé Rodríguez Galdo, na que responda á súa solicitude de información sobre a sociedade "Unión Orensana" e indica que en xuño de 1994 foi encargado da Comisión Organizadora do seu rescate, cando pasaría a chamarse "Centro Unión Orensana de La Habana". Envía o regulamento vixente no momento de escribir a carta, o regulamento de 1940, emblemas antigo e actual, relación de actividades realizadas en 1996 e a enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" cuberta.

Centro Unión Orensana de La Habana

Carta coa enquisa Censo Cultural

Estanislao Rodríguez Sende, Prosecretario General, e Ramón Berdullas Martínez, Presidente, envían resposta a Manuel Suárez, Secretario Técnico do Consello da Cultura Galega. Na carta mencionan as fichas Persoas Físicas, Medios de Comunicación e Entidades para cumprimentación do Censo Cultural de Galicia.

A enquisa reflicte os seus datos sobre Entidades.

Asociación Casa de Galicia de Buenos Aires

Carta coa enquisa "As sociedades galegas no mundo"

Carta enviada polo Presidente da "Ilustrísima Sociedade Vivero y su Comarca", Jesús Méndez Díaz, ao Coordinador do Arquivo da Emigración Galega, do Consello da Cultura Galega, Marcelino X. Fernández Santiago, o día 20/09/1999, para facerlle chegar a enquisa "As sociedades galegas no mundo" cuberta, conservada en formato papel.

Vivero y su comarca

Carta coa enquisa "As sociedades galegas no mundo"

Carta enviada polo Secretario, Pedro Soriano, e o Presidente, Enrique Labora Lesta, do "Centro Gallego de Mar del Plata, cultural, social, recreativo y deportivo" ao Coordinador do Arquivo da Emigración Galega, Marcelino X. Fernández Santiago, en contestación a un requerimento previo de información.

Xunto coa carta adxuntan a enquisa "As sociedades galegas no mundo".

Centro Gallego de Mar del Plata, cultural, social, recreativo y deportivo

Carta á Radio Galega

1 carta enviada polo Presidente da asociación Centro Betanzos, Osvaldo Dans Varela, ao Director da Radio Galega para adxuntarlle o programa de actos conmemorativos do 90º aniversario da entidade.

Adxunta copia dunha carta enviada ao Rector Magnífico da Universidade de Santiago de Compostela, Darío Villanueva, con motivo do 500 centenario da universidade.

Centro Betanzos

Carta

Carta enviada polo Presidente da sociedade "Centro Gallego y Saviñao", José Picallo Durán, á Directora do Arquivo da Emigración Galega, María Xosé Rodríguez Galdo, o día 28/04/1997 en contestación á súa solicitude de información, indicando as celebracións nas que participa anualmente. Adxuntos á carta remitiron a seguinte documentación:

  • Escudo
  • Fotocopia de Estatutos
  • Memoria do último exercicio
  • Comisión Directiva
  • Reseña histórica
  • Documentación sobre a súa fusión coa "Asociación Saviñao y sus contornos"
  • Recreo Social
  • Documentación sobre a súa participación en concursos da Xunta de Galicia
  • Material informativo sobre actividades
  • 2 números da revista "Galicia en Rosario"

Centro Gallego de Rosario, asociación mutual

Resultados 141 a 147 de 147