Carta do Presidente da Asociación, Santiago Coelho Rodríguez Campo, enviada o 28/06/2007 ao Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, coa composición da directiva para o trienio 2007-2010, conservada en formato papel (fotocopias).
Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago
Folleto co currículo de Úrsula Heinze e o programa elaborado para o Día das Letras Galegas de 1997 polo "Centro de Estudos de Língua e Cultura Galegas" (CELGA) da Universidade Federal da Bahía (UFBA), coa colaboración da Sociedade Cultural Caballeros de Santiago, conservado en formato papel.
Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago
Galería de fotos dos diferentes presidentes do "Centro recreativo Uniâo do Río Tea", con indicación dos seus nomes e períodos de goberno, conservada en formato dixital.
Carta enviada pola Secretaria Xeral do Centro de Estudos Galegos, Madel Rosario Albán, ao Secretario do Consello da Cultura Galega, Manuel Suárez Suárez, o día 12/07/1991, para explicarlle o motivo polo que non respostaron á súa solicitude previa de información, conservada en formato papel.
Enquisa "As sociedades galegas no mundo" (8 páxinas) recibida no Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega o día 29/09/1998, conservada en formato papel (fotocopias).
Folleto co programa de actos organizados pola Casa de Galicia de Ondárroa na festividade da Virxe do Carme e de Santiago dos días 25 a 27 de xullo de 2002, conservado en formato papel.
Carta enviada dende o Centro Galego Recreativo-Cultural e.V. de Hannover a Juan Castellano Herrero, da Secretaría Xeral para as relacións coas comunidades galegas da Xunta de Galicia, o día 05/04/1994, para informalo da celebración do I Trofeo Xunta de Galicia, conservada en formato papel (fotocopias).