Enquisa "As sociedades galegas no mundo" cuberta pola "Asociación Cultural Gallega O Pote", de Helmond, Holanda, por iniciativa do Consello da Cultura Galega (26/11/1998), conservada en formato papel.
Enquisa "As sociedades galegas no mundo", cuberta pola Casa de Galicia de Bruselas, por iniciativa do Consello da Cultura Galega, conservada en formato papel.
Carta enviada polo Presidente do "Centro Gallego de Marsella", José Calvo González, ao Presidente do "Centro Gallego de Bruselas", relativa a unha xuntanza de asociación de galegos en Europa próxima a celebrarse en París, na que explica as actividades desenvolvidas polo Centro e o seu interese en integrarse na XOGE, conservada en formato papel (fotocopias).
Programa de actividades organizadas polo "Centro Gallego de París" con motivo da inauguración dunha nova sala, conservado en formato papel (fotocopias).
Enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" cuberta polo Centro Galego de Winterthur a iniciativa do Consello da Cultura Galega, conservada en formato papel.
Programa das actividades organizadas pola sociedade "Lar Gallego de Pamplona" polo Día das Letras Galegas de 1996, adicado a Jesús Ferro Couselo, conservado en formato papel.
Programa das actividades organizadas pola sociedade "Lar Gallego de Pamplona" nas festas patronais Santiago Apóstolo de 1984, coa actuación do coro infantil "Os Fillos de Breogán", conservado en formato papel.