Poder notarial (7 páxinas) outorgado o 07/09/1959 a favor de Gumersindo Criado Durán para administrar a Casa-Escola da sociedade "Ferrol y su comarca" no concello de Moeche, conservado en formato dixital e impreso.
Ferrol y su comarca, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua
Orzamento-memoria descritiva das obras a realizar nas casas-escolas de Cerdido, Barqueira e Casares (3 páxinas), presentada polos constructores "López y Martínez" o 07/06/1931, conservada en formato dixital e impreso.
Poemario "Mortos porque Galicia viva" (1973) de Daniel Méndez O'Donnell (pseudónimo de Darío Xohán Cabana) que incorpora unha pegatina publicitaria do programa de radio "Galiza sempre" da asociación Galiza Hoxe, conservado en formato papel. Trátase dun folleto clandestino que contén 4 poemas: "Alfonso Daniel Rodríguez Castelao", "Roi Xordo", "Alexandre Bóveda" e "Daniel Niebla e Amador Rei".
Modelo de nombramento como membro da Xunta Directiva de "Carballino y su partido, Sociedad de Instrucción y Protección", co emblema societario, conservado en formato papel.