Amosando 10 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Unidade documental simple Política
Previsualización da impresión Ver:

Carta aberta ó pobo galego

Manifesto do Comité da sociedade Galicia Hoxe manifestando o seu rexeitamento ás trabas impostas á participación dos emigrantes galegos en Suiza no referendum sobre o Estatuto de Autonomía de Galicia do 21 de decembro, conservado en formato papel.

Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego

Carta enviada a Galicia Hoxe de Xenebra

Carta enviada polo Vocal de Cultura do Grupo Galego de Aarau, Pere Barrufet-Couñago, á asociación Galicia Hoxe de Xenebra o día 24/03/1981, en resposta á súa circular do día 20, mostrando a súa disconformidade coa visita do Presidente da Xunta de Galicia, Xosé Quiroga Suárez no Día de Galicia na Emigración, conservada en formato papel.

Grupo Galego de Aarau

Cartaz da conferencia de Margarita Ledo

Cartaz da conferencia-debate de Margarita Ledo Andión, Directora de A Nosa Terra, titulada "Galicia ante el Estatuto", organizada coa colaboración de Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego, conservado en formato papel.

Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego

Convite a mesa redonda

Convite a mesa redonda para discutir ás eleccións ó Parlamento Galego nos locais da Sociedade "A Nosa Galiza", conservado en formato papel.

Sociedade "A Nosa Galiza"

Estatuto de Galiza

Estatuto de Galiza do 28/06/1936 reeditado polo Grupo Galego de Aarau, conservado en formato papel.

Grupo Galego de Aarau

Folleto "Betanzos honra a sus mártires"

Folleto editado polo Concello de Betanzos, o Consello da Cultura Galega e a Fundación 10 de Marzo como edición facsímil do publicado polo Centro Betanzos de Bos Aires en xullo de 1955.

Centro Betanzos

Folleto sobre Castelao

Folleto "Castelao : más que un ilustre gallego un gallego que ilustró al mundo" publicado pola Comisión Intersocietaria de Entidades Gallegas (xaneiro 1992)

Comisión Intersocietaria pro-conmemoración das datas patrióticas galegas

Manifesto

Manifesto apoiando o plebiscito do ano 1936 a prol da Autonomía Galega

Conxunto artístico galego Breogán

Manifesto do Fato pra unha Galiza ceibe e socialista

Manifesto do "Fato pra unha Galiza ceibe e socialista" no que explican os motivos da súa constitución e os seus obxectivos e convidan a participar no mitin que se celebrará na Patinoire de Xenebra o día 30/04, conservado en formato papel.

Fato pra unha Galiza ceibe e socialista