Esta publicación foi editada pola Federación de Sociedades Españolas de Buenos Aires con motivo da celebración do cincocentos aniversario do descubrimento de América. Ademais de artigos sobre esta data e a presenza española no continente americano, a maior parte da revista céntrase nas memorias históricas das sociedades españolas que integran a federación, así como as actividades e directivas coas que contan nese momento.
Número publicado polo 5º centenario do Descubrimento de América:
1992 (150 páxinas)
Federación de sociedades españolas de Buenos Aires
Ficheiros de socios da "Sociedad Hijos del ayuntamiento de Buján" dos anos 1955-1964 e da "Sociedad del Valle del Dubra" dos anos 1964-1970, conservados en formato dixital.
Esta publicación societaria foi creada en 1997 para dar a coñecer a comarca de Fisterra en Bos Aires, así como as actividades dos emigrantes naturais desta zona da Costa da Morte residentes en Bos Aires, informando dos servizos, novidades e curiosidades aos seus socios.
Partitura musical "Flores de Silleda", pasodobre composto por José Barreiro e adicado á "Sociedad Agraria Cultural y Recreativa Hijos de Silleda de Buenos Aires", conservada en formato papel.
A Irmandade Galega de Bos Aires, nesta folla informativa, reflicte a súa opinión sobre o "II Congreso de la Emigración Española a Ultramar" que estaba próximo a celebrarse na Coruña, entre o 3 e o 12 de outubro de 1959
Folleto editado polo Concello de Betanzos, o Consello da Cultura Galega e a Fundación 10 de Marzo como edición facsímil do publicado polo Centro Betanzos de Bos Aires en xullo de 1955.