Folla voandeira coa candidatura ás eleccións da directiva da Asociación Unión Residentes de los Ayuntamientos de Vigo y Lavadores en Buenos Aires en xaneiro de 1951
Folleto "Centro Lucense de Buenos Aires" editado pola Comisión de Cultura do Centro Lucense. Inclúe adicatoria do Presidente da Comisión de Cultura, Darío Lamazares, ao Secretario Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas, Fernando Amarelo de Castro de 25/07/1996.
Folleto editado polo Concello de Betanzos, o Consello da Cultura Galega e a Fundación 10 de Marzo como edición facsímil do publicado polo Centro Betanzos de Bos Aires en xullo de 1955.
A Irmandade Galega de Bos Aires, nesta folla informativa, reflicte a súa opinión sobre o "II Congreso de la Emigración Española a Ultramar" que estaba próximo a celebrarse na Coruña, entre o 3 e o 12 de outubro de 1959
Partitura musical "Flores de Silleda", pasodobre composto por José Barreiro e adicado á "Sociedad Agraria Cultural y Recreativa Hijos de Silleda de Buenos Aires", conservada en formato papel.
Ficheiros de socios da "Sociedad Hijos del ayuntamiento de Buján" dos anos 1955-1964 e da "Sociedad del Valle del Dubra" dos anos 1964-1970, conservados en formato dixital.