Previsualización da impresión Pechar

Amosando 1872 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega América
Previsualización da impresión Ver:

121 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Diplomas

Títulos e diplomas conservados en formato dixital:

  • Diploma da concesión do título de socia de honor outorgado a Josefa Álvarez pola sociedade "Club Navia de Suarna" (1941)
  • Diploma da concesión da medalla de ouro colectiva ao mérito no traballo das asociacións e centros españois en Iberoamérica outorgado polo Ministro de Traballo (1969)

Club Navia de Suarna. Sociedad de instrucción, recreo y protección

Diplomas e certificados

Diplomas e certificados da "Unión Mugardesa", conservados en formato dixital:

  • Modelos de diploma de socio de mérito e de socio fundador
  • Diploma de premio á constancia outorgado a José Pico Corral (1919)
  • Diploma pola participación no IV día de Galicia Exterior (12-13/08/2004)
  • Nota informativa sobre a festa da Merced (01/04/1982)
  • Certificado do Concello de Mugardos, asinado polo seu secretario, Francisco Galán Castro, coas normas a seguir para as delegacións da sociedade (23/06/1911)

Unión Mugardesa

Discurso de Xosé Cuíña Crespo

Discurso de Xosé Cuíña Crespo, Presidente da Deputación de Pontevedra, ante Raúl R. Alfonsín, Presidente de Arxentina, publicado en Bos Aires en 1988.

Centro Lalín de Buenos Aires

Disertación "Concepción Arenal : vigencia de su humanismo en la hora presente"

Folleto que recolle a disertación "Concepción Arenal : vigencia de su humanismo en la hora presente" de Fernando Bayardo Bengoa no acto organizado polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" no Parafinfo da Universidad de la República con motivo do Día das Letras Galegas de 1970.

Patronato da cultura galega de Montevideo

Do Noso Lar : Albúm artístico literario publicado por esta sociedade co motivo das festas dos Remedios

Esta publicación societaria está editada para conmemorar a festividade da patroa de Mondoñedo, a Virxe dos Remedios.
Case a metade da revista contén artigos sobre Mondoñedo (historia, xeografía, arquitectura etc.) e sobre persoeiros destacados vinculados á comarca. Tamén lle dedican espazo aos concellos veciños de Alfoz, Abadín, Lourenzá, Riotorto, Pastoriza, Valadouro, e Foz. Hai numerosas de colaboracións literarias de escritores galegos como Eduardo Lence-Santar ("Poetas mindonienses"), Manuel Leiras Pulpeiro, Uxío Carré Alvarellos, Justo Rivas Fernández, Antonio Noriega Varela ("De Ruada"), Antón Villar Ponte ("Pol-a cultura da nosa terra"), R. Veiga González ("Remembranzas"), Leandro Carré ( coa obra teatral "A sorte") etc.
Aparece tamén reproducida a acta fundacional de "Mondoñedo y sus distritos" e diversas noticias sobre as súas directivas e actividades.

Número conservado en formato papel (fotocopias):

  • 1923

Sociedad de Mondoñedo y sus distritos

Documentación constitutiva

Documentación constitutiva da sociedade "Liga Santaballesa de Educación e Instrucción", conservada en formato dixital, impreso e facsímil:

  • Acta do 07/10/1907 (6 páxinas)

Liga Santaballesa de Educación e Instrucción

Documentación constitutiva

Documentación constitutiva da sociedade "Centro Gallego de Avellaneda" do día 22/10/1899, conservada en formato microfilme e dixital.

Centro Gallego de Avellaneda

Documentación constitutiva

Documentación constitutiva da sociedade "Centro Pontevedrés de Buenos Aires" do día 14/03/1942, conservada en formato microfilme.

Centro Pontevedrés de Buenos Aires

Documentación constitutiva

Documentación constitutiva da sociedade "Centro Orensano de Buenos Aires" do día 25/01/1941, conservada en formato microfilme.

Centro Orensano de Buenos Aires

Documentación constitutiva

Acta fundacional da "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua" do día 15/08/1908 conservada en formato papel.

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Documentación da Comisión Pro-Unidad

Documentación da Comisión Pro-Unidad:

  • Proposta das sociedades lalinenses para facer a Fusión (28/09/1979) (1 páxina)
  • Convenio de fusión das sociedades do Partido de Lalín (28/08/1980) (3 páxinas)

Centro Lalín de Buenos Aires

Documentación da Delegación en As Pontes de García Rodríguez

Documentación da Delegación desta sociedade en As Pontes de García Rodríguez, conservada en formato dixital:

  • Libro con 8 actas das reunións das Xuntas da Delegación dende 01/04/1922 ata 10/1923 (19 páxinas)
  • Regulamento aprobado o 29/10/1922 (15 páxinas)
  • Libro diario de contas (1922-1946) (56 páxinas)

Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez

Resultados 561 a 580 de 1872