Memorias dos traballos realizados anualmente, presentadas en sesións celebradas pola Xunta Xeral da "Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez":
Conservadas en formato dixital: memorias dos anos 1915, 1917-1919, 1922, 1925-1927, 1932-1938
Conservadas en formato dixital e impreso: memorias dos anos 1928-1931, 1939
Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez
Memorias sociais da "Unión Mugardesa de Instrucción":
Memoria social correspondente ao ano 1912, presentada pola directiva á Xunta Xeral o 23/02/1913 (21 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.
Memoria anual correspondente ao ano social 1923/1924, presentada pola directiva á Xunta Xeral o 19/10/1924 (46 páxinas), conservada en formato impreso.
Folleto "Mensaxe á Nación Galega : Deica un Congreso Mundial da Galeguidade" asinado polo Consello executivo do "Padroado da cultura galega en México", conservado en formato papel.
Modelo de carné do Grupo de gaitas e danzas "Retrincos" da sociedade Promoción da Cultura Galega de Zürich, co emblema societario, conservado en formato papel.
Modelo de nombramento como membro da Xunta Directiva de "Carballino y su partido, Sociedad de Instrucción y Protección", co emblema societario, conservado en formato papel.
Recibo do pago da cota para os socios do Círculo Habanero de la Devesa en Galicia a nome de Carmen García de Maseda, datado o 1 de decembro de 1931. Conservado en formato papel e dixital.