Print preview Close

Showing 5701 results

Archival description
Fondos do Arquivo da Emigración Galega
Print preview View:

129 results with digital objects Show results with digital objects

Vagalume

Esta revista foi editada coa finalidade de difundir as actividades desenvolvidas pola entidade editora, a vida societaria en xeral (sección «Noticieiro do Centro»). O resto da publicación contén traballos culturais de carácter diverso, notas históricas, económicas e novas da actualidade galega.

Número conservado en formato papel:

1981: n. 0

Centro Gallego de Vizcaya en Baracaldo

Revista Cultural

Tal como seu nome indica pretende ser unha revista centrada nas actividades culturais do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo. Céntranse na figura homenaxeada ese ano no Días das Letras Galegas, Lorenzo Varela, cun percorrido biográfico e literario e reprodución dalgúns dos seus poemas. Hai un artigo sobre a literatura popular galega do século XX e varias reproducións de Literatura oral ("para mostra "un sermón", "un desafío", "un romance" e un "parrafeo"). Dan a coñecer a obra de Mario Dapena "un mestre emigrante").
Na revista publican tamén as bases para participar no concurso de contos "Breogán" que organiza o Centro dende hai moitos anos, de feitos en 2005 xa levan 38 edicións.

Número conservado en formato papel:

2005

Centro Gallego de Vizcaya en Baracaldo

Festas do Santiago

Boletín societario editado con motivo da celebración das Festas do Apóstolo. Ademais do programa das festas cos diversos actos festivos, culturais e deportivos, a directiva aproveita para informar de diversas cuestións interesantes para os socios. A metade da publicación son textos literarios, escritos todos en galego.

Números conservados en formato papel:

1984 (220 x 156 mm)
1986 (215 x 150 mm)
2005 (tamaño A4)

Centro Gallego de Vizcaya en Baracaldo

Programas das festas polo Día de Galicia en Euskadi

Programas das festas organizadas pola Irmandade de Centros Galegos en Euskadi con motivo do Día de Galicia en Euskadi, conservados en formato papel:

  • Cartaz das actividades organizadas polo Día das Letras Galegas (08-17/05/1987): o 10 de maio celébrase o Día de Galiza en Euzkadi
  • Tríptico do V Día de Galicia (1990)
  • Folleto do X Día de Galicia, 15 páxinas (1995)
  • Folleto do XI Día de Galicia, 7 páxinas (1996)
  • Folleto do XII Día de Galicia, 11 páxinas (1997)

Irmandade de Centros Gallegos en Euskadi

Enquisa "Censo Cultural"

Enquisa "Entidades" do Censo Cultural do Consello da Cultura Galega, cuberta pola "Agrupación Hijos de Galicia", conservada en formato papel.

Agrupación Hijos de Galicia

Casa Cultural de Galicia en Elgoibar

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel (orixinal):

Enquisa "Censo Cultural"
Boletín "Semana das Letras Galegas"
Boletín "Día de Galicia en Euskadi"

Casa Cultural de Galicia en Elgoibar

Semana das Letras Galegas

Publicación societaria na que se informa sobre as diversas actividades da entidade centradas na celebración do Día das Letras Galegas, con pequenos artigos sobre Galicia, autores galegos, etc.

Números conservados en formato papel:

1990
1991
1992
1995
2000
2004
2005
2006
2009
2010

Casa Cultural de Galicia en Elgoibar

Tarxeta postal

Tarxeta postal de felicitación navideña enviada en 2004 pola Directiva da Casa Cultural de Galicia As Burgas de Eibar, conservada en formato papel.

Casa Cultural de Galicia de Eibar

Results 1221 to 1240 of 5701