Amosando 3 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Sociedad de Mondoñedo y sus distritos América do Sur Publicacións periódicas
Previsualización da impresión Ver:

Do Noso Lar : Albúm artístico literario publicado por esta sociedade co motivo das festas dos Remedios

Esta publicación societaria está editada para conmemorar a festividade da patroa de Mondoñedo, a Virxe dos Remedios.
Case a metade da revista contén artigos sobre Mondoñedo (historia, xeografía, arquitectura etc.) e sobre persoeiros destacados vinculados á comarca. Tamén lle dedican espazo aos concellos veciños de Alfoz, Abadín, Lourenzá, Riotorto, Pastoriza, Valadouro, e Foz. Hai numerosas de colaboracións literarias de escritores galegos como Eduardo Lence-Santar ("Poetas mindonienses"), Manuel Leiras Pulpeiro, Uxío Carré Alvarellos, Justo Rivas Fernández, Antonio Noriega Varela ("De Ruada"), Antón Villar Ponte ("Pol-a cultura da nosa terra"), R. Veiga González ("Remembranzas"), Leandro Carré ( coa obra teatral "A sorte") etc.
Aparece tamén reproducida a acta fundacional de "Mondoñedo y sus distritos" e diversas noticias sobre as súas directivas e actividades.

Número conservado en formato papel (fotocopias):

  • 1923

Sociedad de Mondoñedo y sus distritos

Mondoñedo : Publicación Oficial de la sociedad Mondoñedo y sus distritos

Publicación societaria que está dedicada na súa maior parte a informar das actividades e situación interna da Sociedad Mondoñedo y sus distritos de Buenos Aires. Inclúe ademais novas referidas á actualidade galega, especialmente da comarca de referencia, que aparecen recollidas en «Noticias de Mondoñedo». Defende os intereses locais, como o paso do ferrocarril central galego por Mondoñedo, e realiza diferentes chamamentos ás autoridades municipais. Por último, aparecen artigos e reflexións de temática moi variada e diversas colaboracións literarias.

Números conservados en formato microficha:

  • 1926: n. 4
  • 1927: n. 11, 13-14
  • 1928: n. 15-16

Sociedad de Mondoñedo y sus distritos