Amosando 3 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Grupo Galego de Aarau España Cartas
Previsualización da impresión Ver:

Carta e enquisa "As sociedades galegas no mundo"

Carta enviada polo Presidente do Grupo Galego de Aarau, Evaristo Lago, a Marcelino X. Fernández Santiago, coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, o día 13/10/1998, en contestación á súa solicitude de información. Nela informan do seu recente cambio de dirección.

Documentación adxunta:

  • Enquisa "As sociedades galegas no mundo", 8 páxinas, tamaño A4.
  • Portada, índice e primeira páxina do número 1 (set. 1998) da revista "Unión do galego" (fotocopias)
  • Emblema societario (fotocopias)
  • Carné de socio do Presidente (fotocopias)

Grupo Galego de Aarau

Carta enviada a Galicia Hoxe de Xenebra

Carta enviada polo Vocal de Cultura do Grupo Galego de Aarau, Pere Barrufet-Couñago, á asociación Galicia Hoxe de Xenebra o día 24/03/1981, en resposta á súa circular do día 20, mostrando a súa disconformidade coa visita do Presidente da Xunta de Galicia, Xosé Quiroga Suárez no Día de Galicia na Emigración, conservada en formato papel.

Grupo Galego de Aarau

Grupo Galego de Aarau

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel (fotocopias):

Estatutos orixinais co selo societario (1975)
Preliminares da revista "Unión do galego" (1988)
Emblema societario
Carné de socio do Presidente

Conservada en formato papel (orixinais):

Estatutos renovados e apéndice co regulamento de uso dos locais sociais (1985)
Carta enviada a Galicia Hoxe de Xenebra (1981)
Carta enviada a Marcelino X. Fernández Santiago (1998)
Enquisa "As sociedades galegas no mundo"
Homaxe a Castelao no 25º aniversario da súa morte (1975)
Homaxe a Castelao no centenario do seu nacemento (1986)
Recorte de prensa de "La Región internacional" (1988)
Guión dunha conferencia sobre a historia de Galicia
Separata do Boletín "Enxebre" adicada a Ramón Otero Pedraio no Día das Letras Galegas de 1988
Estatuto de Galiza do 28/06/1936 reeditado pola asociación (1975)
Cartaz sobre o uso da lingua nas escolas
Díptico polo Día da nai (1988)
Cartaz dun baile (1988)
Cartaz dun campeonato de chinchón (1988)
Boletín "Enxebre : voceiro do Grupo Galego de Aarau"

Grupo Galego de Aarau