Showing 119 results

Archival description
Fondos do Arquivo da Emigración Galega América Emigración galega With digital objects
Print preview View:

Sociedad Roupar y Lousada. Actas de Juntas Directivas 1957

Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas da sociedade "Roupar y Lousada", conservado en formato dixital e impreso incompleto:

  • Libro de actas das reunións dende o 21/08/1957: dixitalizadas as 29 primeiras actas, ata o 17/12/1959 (63 páxinas)

Roupar y Lousada, Sociedad de Recreo y Beneficencia

Acta da reunión da Xunta Directiva da sociedade habanera na que se aproba a constitución dunha sociedade homónima na Devesa, Ribadeo, e a construcción dun edificio social e de recreo.

Acta da reunión dos doantes da subscrición de 1899 realizada polos emigrantes naturais da Devesa na illa de Cuba, realizada o día 12 de xaneiro de 1912 na que se aproba a cesión do fondo a entidade da Habana do fondo da subscrición. A asociación homónima creada na Devesa xestionará, segundo as indicacións da entidade habaneira, a construción dun edificio social e de recreo para os e as veciñas da parroquia. Constan as sinaturas de gran parte dos contribuíntes dese legado económico.

Círculo Habanero de La Devesa

Acta da reunión celebrada na Habana entre a Xunta Directiva da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa" de A Habana e a Comisión de doantes da parroquia de Devesa (Ribadeo)

Acta da reunión celebrada na Habana entre representantes do «Círculo Habanero de los Naturales de La Devesa» e unha Comisión integrada por representantes dos doantes, retornados xa na parroquia de Devesa (Ribadeo) para recoñecer a existencia da sociedade de instrución e recreo acabada de fundar na capital cubana e tamén acórdase que esta se ocuparía da xestión dos cartos recadados para comezar os trámites da construción dun edificio na parroquia natal. Documento datado o día 3 de xaneiro de 1912.

Círculo Habanero de La Devesa

Legado Pedro Murias

Relación nominal dos delegados residentes en Galicia da Comisión nomeada polo Centro Gallego da Habana para a xestión do legado do indiano Pedro Murias. Conservado en papel e dixital.

Círculo Habanero de La Devesa

Libro de actas de 1938-1940

Libro de actas da Xunta de Delegados da Federación de Sociedades Gallegas dos anos 1938-1942: 117 páxinas

Formato microfilme: 1 rollo de microfilme

Formato dixitalizado: 1 PDF

Acta 1ª: 06/01/1938
Acta 2ª: 30/07/1938
Acta 3ª: 21/01/1939
Acta 4ª: 30/07/1939
Suplemento 1º á acta 4ª: 03/08/1939
Suplemento 2º á acta 4ª: 24/08/1939
Suplemento 3º á acta 4ª: 14/09/1939
Suplemento 4º á acta 4ª: 11/11/1939
Suplemento 5º á acta 4ª: 23/11/1939
Acta 5ª: 19/12/1940

Federación de sociedades gallegas de la república Argentina

Correspondencia Hijos del Ayuntamiento de Boiro

Correspondencia de Hijos del Ayuntamiento de Boiro con diversos particulares e asociacións: Centro Gallego de Buenos Aires, Banco Español del Río de la Plata, Servicio de Lunch Los 4 amigos, Federación de Sociedades Galegas de la República Argentina, Audición Hispano-Argentina y Centro Musical (Celta), Recreo "El Globo", Jesús Seijo, Cooperativa Alborada, etc.

Hijos del ayuntamiento de Boiro

Correspondencia recibida. Ano 1927

Cartas manusctritas e mecanografadas recibidas pola sociedade "Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño" durante o ano 1927 conservada en formato microfilme e dixital.

Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño

Correspondencia recibida. Ano 1928

Cartas manusctritas e mecanografadas recibidas pola sociedade "Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño" durante o ano 1928 conservada en formato microfilme e dixital.

Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño

Correspondencia recibida. Ano 1933

Cartas manusctritas e mecanografadas recibidas pola sociedade "Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño" durante o ano 1933 conservada en formato microfilme e dixital.

Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño

Acta de constitución da Unión Mugardesa de Instrucción

Copia literal mecanografada da Acta de constitución da "Unión Mugardesa de Instrucción" do día 12/11/1909 (3 páxinas), conservada en formato dixital e impreso. Esta copia foi feita na Habana o 22 de outubro de 1917 e asinada polo presidente e secretario da entidade para presentar ante o Gobernador provincial por un imperativo da Lei de Asociacións vixente ese ano.

Unión Mugardesa

Results 81 to 100 of 119