Folleto co programa de actividades organizadas pola Agrupación Cultural Galega Agarimos de Badalona con motivo do Día das Letras Galegas de 2007, celebrada os días 28 e 29 de abril, coincidindo co aniversario societario, conservado en formato papel.
Folleto publicado polo Centro Gallego de Buenos Aires co "Mensaje de los emigrantes en América sobre el desarrollo económico de Galicia" de maio de 1965
Folleto co programa de actividades organizadas pola Agrupación Cultural Galega Agarimos de Badalona con motivo da III festa galega, celebrada os días 22 a 24 de setembro de 2000, coincidindo co aniversario societario, conservado en formato papel.
Documento mecanografado con motivo da "IV Confraternización de Xeracións Galego-Bahianas", coas cantigas compiladas polo centro a partir da contribución dos homenaxeados, conservado en formato papel.
Folleto editado pola "Casa de Espanha" para dar conta das actividades desenvolvidas en novembro do ano 1993 e incorporar o programa de actos sociais, culturais e deportivos de decembro, conservado en formato papel.
Folleto editado polo Concello de Betanzos, o Consello da Cultura Galega e a Fundación 10 de Marzo como edición facsímil do publicado polo Centro Betanzos de Bos Aires en xullo de 1955.