Amosando 392 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega América Publicacións periódicas
Previsualización da impresión Ver:

1 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Federación de instituciones españolas en el Uruguay : Memoria de actividades

Esta publicación societaria foi publicada como libro-memoria da entidade editora, onde se nos presentan as sociedades e os directivos que forman parte de dita federación, ademais das diversas actividades organizadas por eles.

Números conservados en formato papel:

[1991]
2011
2016

Federación de instituciones españolas de Uruguay

Federación de instituciones españolas de Uruguay

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel:

Memoria "Federación de Instituciones Españolas en el Uruguay : Memoria de actividades"
Xornal "El Diario Español : Órgano oficial de la prensa escrita de la Federación de Instituciones españolas del Uruguay"

Federación de instituciones españolas de Uruguay

Fe Gallega : Órgano de la Acción Gallega de Cruzados de Santiago

Esta publicación foi editada para informar das actividades realizadas pola institución, principalmente as celebracións de carácter relixioso. Destacan os artigos políticos que manifestan unha orientación conservadora, de apoio á causa franquista. Inclúe colaboracións literarias.

Números conservados en microfilme:

1936: n. 1-2
1937: n. 3-13
1938: n. 14-15, 17-20 [i.e. 21]
1939: n. 22-30
1940: n. 31-35
1941: n. 36-37
1942: n. 39

Cruzados de Santiago Apóstol

Faro de Finisterre : Órgano oficial de la Asociación Finisterre en América

Esta publicación é o voceiro oficial da Asociación Finisterre en América creado en 2001 para informar aos seus socios das actividades da entidade. Ademais contén numerosos artigos sobre Galicia e o concello de Fisterra.

Números conservados en formato papel:

2001: n. 1-2
2002: n. 5
2003: n. 6
2005: n. 7

Sociedad Finisterre en América

Espanhol sempre : Uma publicaçao da Real Sociedade Espanhola de Beneficência

Este xornal está editado pola Real Sociedade Espanhola de Beneficência de Bahía para informar sobre o Hospital Espanhol que eles fundaron e dirixen; aparecen amplas informacións sobre servizos médicos que se ofrecen, entrevistas a facultativos e nas páxinas centrais unha completa guía médica con todas as especialidades e enderezos onde poder acudir.

Número conservado en formato papel:

1996: n. 29

Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia

España republicana : Decano de la prensa republicana española en América

Este periódico está editado polo Centro Republicano Español para informar da situación que se vivía en España tras o golpe de estado de Franco contra a República; trata o tema dos exiliados con toda a súa problemática, comités de axuda durante a guerra civil e a difícil posguerra; a situación europea durante a II Guerra Mundial e a súa repercusión na política española, sempre desde unha perspectiva de esquerdas e de defensa da legalidade republicana española. Colaboran nas súas páxina destacados exiliados: políticos, escritores e artistas.

Conservados en formato microfilme:

  • 1938: n. 400-440, 442-451
  • 1941: n. 557-586, (n.s.), 600-621
  • 1942: n. 622-673
  • 1943: n. 674-723
  • 1944: n. 724-736
  • 1945: n. 737-788
  • 1946: n. 789-840
  • 1947: n. 841-887
  • 1948: n. 888-935
  • 1949: n. 936-976
  • 1950: n. 976-1012
  • 1951: n. 1013-1046
  • 1952: n. 1047-1067
  • 1953: n. 1069-1090
  • 1954: n. 1091-2001, (n.s.) 1102-1111
  • 1955: n. 1112-1133
  • 1956: n. 1134-1154
  • 1957: n. 1155-1176
  • 1958: n. 1177-1193, 1195-1197

Centro republicano español

El Republicano español

Este xornal dirixido por Indalecio Cuadrado defende desde as súas páxinas o ideario republicano, analizando a política e a realidade socioeconómica e cultural de España nese momento. Informa ademais sobre as sociedades españolas creadas na Arxentina.

Números conservados en microfilme:

1909: n. 79; 102; 104; 127
1910: n. 186; 239; 243; 245; 248-250; 252-255; 257-258; 264; 267; 276-277
1911: n. 303-304

Federación republicana española de América

El Primitivo. Revista mensual propiedad del Orfeón Gallego PrimitivoRevista España

Esta revista está editada pola Sociedad Española de Beneficencia Hospital Español para informar aos seus socios dos diversos servizos médicos e sanitarios, así como dos beneficios sociais e dos tratamentos que levan a cabo, proxectos de futuro, entrevistas a destacados médicos do hospital, visitas de personalidades, etc.

Número conservado en formato papel:

  • 1997: n. 262
  • 1998: n. 263

Sociedad española de beneficencia Hospital español

El Primitivo. Revista mensual propiedad del Orfeón Gallego Primitivo

Esta revista foi editada polo Orfeón Gallego Primitivo e pretendía achegar a realidade galega aos seus socios, facendo unha defensa dos seus intereses. Reproduce diversos artigos sobre Galicia, a súa historia, a súa agricultura, a súa cultura, etc., ao mesmo tempo que polemiza sobre o galeguismo ou o nacionalismo catalán. Outros eixes básicos da publicación son as colaboracións literarias e as seccións divulgativas («Curiosidades», «Mentiras y verdad», etc.). Inclúe información sobre a situación da colectividade e as súas actividades, particularmente as realizadas pola propia sociedade editora. Por último, recolle noticias de interese para os emigrantes (indultos a prófugos, liñas de navegación, etc.) e novas da actualidade galega («Miscelánea gallega»).
O número 30 está dedicado a conmemorar o 2 de maio de 1808 e contén unicamente ensaios sobre a Guerra da Independencia e documentos históricos sobre esas datas e feitos.

Número conservado en formato papel (fotocopias):

  • [1905] (incompleto)

Orfeón gallego primitivo

El Orensano : Periódico galego

Este xornal foi editado polo Centro Orensano para informar do labor societario da entidade e da situación da colectividade, caracterizándose polo seu enfrontamento coa Federación de Sociedades Gallegas e o proxecto de impulsar a unión das pequenas sociedades parroquiais e comarcais en centros provinciais. Presta tamén unha especial atención ás novas de actualidade política, adoptando unha clara orientación galeguista e republicana, destacando a sección «Panorama» na que se analiza a política internacional no contexto do final da Guerra Mundial e as posibilidades da caída do rexime franquista. Complétase con artigos sobre a provincia de Ourense, Galicia e a súa cultura, e diversas colaboracións literarias. Estivo dirixido por Rodolfo Prada, destacado galeguista.

Número conservado en formato microfilme:

1944: n. 1-4
1945: n. 5-28

Centro Orensano de Buenos Aires

El Orensano

Publicación do "Centro Unión Orensana de La Habana" xurdida no ano 2010 para recoller anualmente a memoria e balance económico do exercicio anterior.

Número conservado en formato papel:

  • 2010: n. 1

Centro Unión Orensana de La Habana

El Estradense : Publicación Mensual del "Centro Cultural del Partido de la Estrada"

Esta publicación societaria trata na súa maior parte das actividades e o labor da institución. Informa sobre a actualidade de Galicia e da comarca estradense (tomando como referencia as noticias recollidas na prensa galega). O resto da publicación son artigos de temática moi diversa (entrevista ao alcalde, historia e actualidade da Estrada, a emigración, o nadal, tradicións, cultura, etc.), que se complementan con colaboracións literarias e páxinas de ocio e gastronomía.

Números en formato papel:

  • 1988: n. 5
  • 1989: n. 11-12
  • 1992: n. 29, 31- 33
  • 1993: n. 45
  • 1994: n. 54- 56
  • 1995: n. 57-63
  • 1996: n. 73-74

Centro cultural del partido de La Estrada

El Eco de Teo : revista mensual

Na asemblea do 26 de decembro de 1915 prodúcese unha escisión na Federación de Residentes de Teo, froito da cal é a aparición desta revista o 10 de marzo de 1916. Aínda que os seus contidos non difiren moito da revista «Teo», obsérvase unha maior preocupación galeguista nesta publicación, sobre todo nos seus colaboradores. Como lema da revista figura na súa portada «Por Galicia. Por el trabajador de la tierra gallega», como unha clara manifestación ideolóxica. Ademais de artigos de defensa do agrarismo e dos intereses do distrito electoral de Padrón, hai tamén información sobre a marcha das sociedades de emigrantes da comarca de Santiago e doutras zonas de Galicia existentes en Bos Aires (son as seccións «Nuestras sociedades» e «Sociedades Regionales»). Outras seccións serían «Temas de siempre», «Reflexiones» de J. Buela, ou «Orientaciones» de Cándido Mogo entre outras.

Números conservados en formato papel (fotocopias):

1916: n. 1-10
1917: n. 11-22
1918: n. 23-34
1919: n. 35-46
1920: n. 47-58

Números conservados en formato microficha:

1916: n. 1-2
1917: n. 11
1918: n. 26

Federación de residentes de Teo en Sudamérica

Resultados 201 a 220 de 392