Recibo que certifica o pago da sociedade "Unión Trivesa" polo aluguer dunha vitrina ao "Centro Gallego de La Habana" (1961), conservado en formato dixital.
Recibo do pago da cota do Círculo Habanero de La Devesa como socio da Beneficencia de Naturales de Galicia na Habana, efectuado o 01 de xaneiro de 1960. Conservado en formato papel e dixital.
Recortes de prensa publicados sobre a sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Cerdido", que inclúen fotografías de socios e de edificios propiedade de emigrantes de Cerdido, conservados en formato dixital e impreso.
Regulamento da "Sociedad de Instrucción y Protección Progreso de Lousada", aprobado en Xunta Xeral Extraordinaria o 17/03/1918 (16 páxinas), conservado en formato dixital e impreso.
Regulamento xeral da "Sociedad de Beneficencia, Recreo y Socorros Mutuos Unión Villalbesa y su Comarca" aprobado o 15/09/1936 (29 páxinas), conservado en formato dixital e impreso.
Regulamento da sociedade "Hijos del Distrito de Sarria, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua" conservado en folleto orixinal e na edición facsímil: "Regulamentos e Estatutos das Sociedades Galegas de Cuba" editada pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia:
Regulamento aprobado en Xunta Xeral Extraordinaria o día 22/12/1955 (56 páxinas)
Hijos del Distrito de Sarria, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua