Amosando 1219 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega América do Sur Centros Galegos
Previsualización da impresión Ver:

61 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Do Noso Lar : Albúm artístico literario publicado por esta sociedade co motivo das festas dos Remedios

Esta publicación societaria está editada para conmemorar a festividade da patroa de Mondoñedo, a Virxe dos Remedios.
Case a metade da revista contén artigos sobre Mondoñedo (historia, xeografía, arquitectura etc.) e sobre persoeiros destacados vinculados á comarca. Tamén lle dedican espazo aos concellos veciños de Alfoz, Abadín, Lourenzá, Riotorto, Pastoriza, Valadouro, e Foz. Hai numerosas de colaboracións literarias de escritores galegos como Eduardo Lence-Santar ("Poetas mindonienses"), Manuel Leiras Pulpeiro, Uxío Carré Alvarellos, Justo Rivas Fernández, Antonio Noriega Varela ("De Ruada"), Antón Villar Ponte ("Pol-a cultura da nosa terra"), R. Veiga González ("Remembranzas"), Leandro Carré ( coa obra teatral "A sorte") etc.
Aparece tamén reproducida a acta fundacional de "Mondoñedo y sus distritos" e diversas noticias sobre as súas directivas e actividades.

Número conservado en formato papel (fotocopias):

  • 1923

Sociedad de Mondoñedo y sus distritos

Documentación constitutiva

Documentación constitutiva da sociedade "Centro Gallego de Avellaneda" do día 22/10/1899, conservada en formato microfilme e dixital.

Centro Gallego de Avellaneda

Documentación constitutiva

Documentación constitutiva da sociedade "Centro Pontevedrés de Buenos Aires" do día 14/03/1942, conservada en formato microfilme.

Centro Pontevedrés de Buenos Aires

Documentación constitutiva

Documentación constitutiva da sociedade "Centro Orensano de Buenos Aires" do día 25/01/1941, conservada en formato microfilme.

Centro Orensano de Buenos Aires

Documentación constitutiva

Acta fundacional da "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua" do día 15/08/1908 conservada en formato papel.

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Documentación da Comisión Pro-Unidad

Documentación da Comisión Pro-Unidad:

  • Proposta das sociedades lalinenses para facer a Fusión (28/09/1979) (1 páxina)
  • Convenio de fusión das sociedades do Partido de Lalín (28/08/1980) (3 páxinas)

Centro Lalín de Buenos Aires

Documentación electoral

Volume que recolle a propaganda electoral e os membros dos diferentes consellos directivos da "Hermandad Gallega de Venezuela", conservado en formato dixital.

Hermandad Gallega de Venezuela

Documentación relativa á fundación do Colexio Castelao

Libro que contén a documentación relativa á fundación do Colexio Castelao da "Hermandad Gallega de Venezuela", conservado en formato dixital:

  • Anteproxecto e informe preliminar (17/05/1962) (9 páxinas)
  • Libro do Comité Pro Escolas "Castelao" con 33 actas dende 04/07/1964 ata o 16/06/1966 (pp. 31-88)
  • Relación de libros (11 páxinas)

Hermandad Gallega de Venezuela

Documentación relativa ás Casas-Escuela

Documentación relativa ás Casas-Escuela:

  • Relación dos contribuíntes da suscrición "Pro casa-escuela de Puente Ulla" (1926) (1 páxina)
  • Fotografía da Casa-Escuela de San Pedro de Sarandón (1934) (1 páxina)
  • Orzamento de material escolar para escola de nova creación (2 páxinas)

Sociedad agrícola, cultural y recreativa del municipio de Vedra en Buenos Aires

Documentación sobre a construcción do Hospital-Asilo de Lalín

Documentación da sociedade "Hijos del partido de Lalín en Buenos Aires" relativa á construcción do Hospital-Asilo de Lalín.

Conservada en formato orixinal: anos 1908-1912.

Conservada en microfilm: correspondencia dos anos 1910-1911.

Hijos del partido de Lalín en Buenos Aires

Documentación sobre a escola "Escola Bernardino Rivadavia"

Documentación varia sobre a escola "Escola Bernardino Rivadavia". Escola nº 2, situada na parroquia de San Salvador de Escuadro, no lugar de A Penadauga, fundada pola "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua" en 1927.

Documentación conservada en formato papel:

  • Listaxe de alumnos (1920-1921)
  • Planos da escola

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Documentación sobre a escola "Francisco Giner de los Ríos"

Documentación varia sobre a escola "Francisco Giner de los Ríos". Escola nº 3, situada na parroquia de San Salvador de Escuadro, no lugar de Marco, fundada pola "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua" en 1921.

Documentación conservada en formato papel:

  • Listaxe de alumnos (1925-1926 e 1931-1932)

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Documentación sobre a escola "Rosalía de Castro"

Documentación varia sobre a escola "Rosalía de Castro". Escola nº 1, situada na parroquia de San Salvador de Laro, no lugar de Freixeiro, fundada pola "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua" en 1917.

Documentación conservada en formato papel:

  • Escritura de venta (01/06/1913)
  • Pliegos de condicións para a construcción da escola
  • Proxecto de escola: alzados e planta (en papel e en tea)
  • Programa escolar (tamaño A3)
  • Libro de contabilidade da escola (22/10/1929)
  • Inventario de bens (30/06/1932)

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Domselaar : Revista del Hogar Gallego para Ancianos

Revista societaria na que informan aos socios das actividades polo 59º aniversario fundacional e das visitas de políticos galegos ás súas instalacións. As páxinas centrais están dedicadas á residencia para a terceira idade que mantén a sociedade, cos servizos e instalacións que posúen. Teñen tamén un pequeno apartado cultural cunhas páxinas dedicadas a Fray Martín Sarmiento e algúns poemas

Número conservado en papel:

2002: diciembre

Hogar gallego para ancianos

Resultados 421 a 440 de 1219