Amosando 872 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Bos Aires (Cidade)
Previsualización da impresión Ver:

60 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Federación de sociedades españolas de Buenos Aires

Esta publicación foi editada pola Federación de Sociedades Españolas de Buenos Aires con motivo da celebración do cincocentos aniversario do descubrimento de América. Ademais de artigos sobre esta data e a presenza española no continente americano, a maior parte da revista céntrase nas memorias históricas das sociedades españolas que integran a federación, así como as actividades e directivas coas que contan nese momento.

Número publicado polo 5º centenario do Descubrimento de América:

1992 (150 páxinas)

Federación de sociedades españolas de Buenos Aires

Fe Gallega : Órgano de la Acción Gallega de Cruzados de Santiago

Esta publicación foi editada para informar das actividades realizadas pola institución, principalmente as celebracións de carácter relixioso. Destacan os artigos políticos que manifestan unha orientación conservadora, de apoio á causa franquista. Inclúe colaboracións literarias.

Números conservados en microfilme:

1936: n. 1-2
1937: n. 3-13
1938: n. 14-15, 17-20 [i.e. 21]
1939: n. 22-30
1940: n. 31-35
1941: n. 36-37
1942: n. 39

Cruzados de Santiago Apóstol

Expedientes de escolas

Expedientes de escolas financiadas pola sociedade "Unión del partido de Lalín en Buenos Aires".

Conservados en formato orixinal: 2 programas educativos para as súas escolas, Regulamento das escolas publicado no ano 1922, e traballos dos alumnos das escolas financiadas pola sociedade, que inclúen mapas, debuxos, etc.

Conservados en microficha: un inventario de útiles dos anos 1922-1923 e documentación dos anos 1928-1929.

Unión del partido de Lalín en Buenos Aires

Exercicios do alumnado

Exercicios de lingua de Celso Alonso Rodríguez, alumno dunha escola da "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua", conservados en formato papel.

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Estatutos sociais do Centro Arzuano Mellidense

Estatutos sociais do Centro Arzuano Mellidense, aprobados polo Ministro de la Nación por resolución C. 5552, o 1 de de outubro de 1970. Aparece claramente reflexado que é unha asociación "con casa propia y personería jurídica" (28 páxinas) (fotocopiados)

Centro Arzuano Mellidense

Estatutos reformados en 1948

Estatutos da "Sociedad residentes del ayuntamiento de Portas y sus contornos" reformados o día 26/06/1948 e publicados en 1949, conservados en formato papel (fotocopias) e en formato dixital.

Sociedad residentes del ayuntamiento de Portas y sus contornos

Estatutos reformados en 1944

Estatutos da "Sociedad Parroquias Unidas de Cotovad en Buenos Aires", reformados o día 01/10/1944 en Asemblea Extraordinaria e publicados no mesmo ano:

1 documento de 18 páxinas en formato fotocopias e en microfilme

Sociedad parroquias unidas de Cotovade

Estatutos e regulamento do Centro Renovación del Distrito de Puenteareas en Buenos Aires

Estatutos e regulamento do "Centro Renovación del Distrito de Puenteareas en Buenos Aires", integrante da "Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina", aprobados o día 26/06/1938 e que entraron en vigor o 01/08/1938.

Centro renovación del partido judicial de Puenteareas

Resultados 481 a 500 de 872