Amosando 79 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Caracas
Previsualización da impresión Ver:

Fotografías

Fotografías tomadas en reunións e actos da "Asociación Civil Fillos de Ourense", conservadas en formato dixital:

  • 1 fotografía da Xunta Directiva
  • 1 fotografía do grupo folclórico
  • 2 fotografías dos equipos de fútbol
  • 1 fotografía nunha feria gastronómica
  • 1 fotografía nun magosto
  • 1 fotografía dunha ofrenda floral

Asociación Civil Fillos de Ourense

Folletos de actividades culturais

Folletos de actividades culturais organizadas pola "Hermandad Gallega de Venezuela", conservados en formato papel:

  • Díptico da inauguración do Teatro Rosalía de Castro de Caracas (1991)
  • Folleto do "XX Festival de Danzas Folklóricas Internacionales" (1999) (43 páxinas)

Hermandad Gallega de Venezuela

Festival de Danzas Folklóricas Internacionales

Publicación editada para dar a coñecer e difundir a actividade artística dos numerosos grupos folclóricos das entidades de emigrantes residentes en Venezuela. A Hermandad Gallega de Venezuela e o seu grupo de danza Semente Nova organizan a edición do ano 2003 do Festival de Danzas Folclóricas Internacionales e con tal motivo editan esta revista para publicitar este certame.

Número conservado en formato papel:

2003: XXIVº festival

Hermandad Gallega de Venezuela

Estatutos da "Hermandad Gallega de Venezuela"

Estatutos da "Hermandad Gallega de Venezuela"

Conservado en formato dixital:

  • Estatutos de 1960 (31 páxinas): dixitalizado incompleto, faltan as páxinas 24-25

Conservados en formato papel:

  • Estatutos de 1980 (46 páxinas)
  • Estatutos aprobados o 27/03/2006 (48 páxinas)

Hermandad Gallega de Venezuela

Enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas"

Enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" cuberta polo "Centro Benéfico Social Hijos de La Estrada" a instancia do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, conservada en formato papel.

Centro Benéfico Social Hijos de La Estrada

Documentación relativa á fundación do Colexio Castelao

Libro que contén a documentación relativa á fundación do Colexio Castelao da "Hermandad Gallega de Venezuela", conservado en formato dixital:

  • Anteproxecto e informe preliminar (17/05/1962) (9 páxinas)
  • Libro do Comité Pro Escolas "Castelao" con 33 actas dende 04/07/1964 ata o 16/06/1966 (pp. 31-88)
  • Relación de libros (11 páxinas)

Hermandad Gallega de Venezuela

Documentación electoral

Volume que recolle a propaganda electoral e os membros dos diferentes consellos directivos da "Hermandad Gallega de Venezuela", conservado en formato dixital.

Hermandad Gallega de Venezuela

Contrato de compra-venta

Contrato de compra-venta da "Hermandad Gallega de Venezuela" conservado en formato dixital:

  • Contrato do día 30/12/1964 (10 páxinas)

Hermandad Gallega de Venezuela

Certificado

Certificado de autenticación de Luis Veiga Rodríguez como Presidente do Centro Benéfico-Social "Hijos de La Estrada"para o período 1986-1988, conservado en formato papel (fotocopias).

Centro Benéfico Social Hijos de La Estrada

Centro Benéfico Social Hijos del Partido de la Estrada

Esta publicación foi editada para conmemorar o 22º aniversario fundacional desta sociedade. Realizan unha descrición pormenorizada da historia do centro desde a súa fundación, e un percorrido sobre a xeografía, a cultura e a historia do concello de A Estrada e de Galicia en xeral. Complétase cunha serie de relatos literarios, anécdotas e poesías.

Número conservado en formato papel:

1981: 22º aniversario

Centro Benéfico Social Hijos de La Estrada

Resultados 41 a 60 de 79