Amosando 1584 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Galicia Emigración galega
Previsualización da impresión Ver:

79 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Estatutos generales de la Sociedad de instrucción y apoyo Sada y sus Contornos

Folleto publicado en 2008 cos Estatutos da "Sociedad de instrucción y apoyo Sada y sus contornos" aprobados o 04/09/1914 e reformados o 17/07/1918 con motivo da conmemoración do 80 aniversario da celebración dos primeiros exames na escola de "Sada y sus contornos" que tiveron lugar o 08/07/1928.

Sociedad de instrucción y apoyo Sada y sus contornos

Estatutos sociais do Centro Arzuano Mellidense

Estatutos sociais do Centro Arzuano Mellidense, aprobados polo Ministro de la Nación por resolución C. 5552, o 1 de de outubro de 1970. Aparece claramente reflexado que é unha asociación "con casa propia y personería jurídica" (28 páxinas) (fotocopiados)

Centro Arzuano Mellidense

Expediente das escolas de O Valadouro e Alfoz

Expediente de doazón das escolas de O Valadouro e Alfoz, financiadas pola sociedade "El Valle de Oro", aos concellos respectivos, conservado en formato dixital e impreso.

El Valle de Oro. Sociedad de instrucción, protección y recreo

Expediente de fusión das sociedades "Progreso de Lousada" e "Hijos de Roupar"

Expediente de fusión das sociedades "Progreso de Lousada" e "Hijos de Roupar" na sociedade de nova creación "Roupar y Lousada", conservado en formato papel (fotocopias):

  • Regulamento aprobado en Xunta Xeral Extraordinaria o 05/05/1957
  • Inventario de propiedades de ambas sociedades
  • Acta de fusión do 05/07/1957
  • Envío para aprobación do Gobernado da Provincia de A Habana (05/07/1957)

Roupar y Lousada, Sociedad de Recreo y Beneficencia

Expediente de levantamento do Panteón e Osario no Cemiterio de Cristóbal Colón

Expediente de levantamento do Panteón e Osario da sociedade "Club Navia de Suarna" situados no Cemiterio de Cristóbal Colón de A Habana, conservado en formato dixital:

  • Planos do Panteón
  • Listaxe de tareas e de materiais (1995)

Club Navia de Suarna. Sociedad de instrucción, recreo y protección

Expediente do ano 1961

Expediente de gastos do ano 1961 da sociedade "Hijos del Partido de Lalín", conservado en formato dixital:

  • Balance de gastos de xaneiro de 1961
  • Informe de gastos do ano 1961

Hijos del Partido de Lalín

Expediente do Panteón do Cemiterio de Cristóbal Colón

Expediente do Panteón da sociedade "El Valle de Oro" situado no Cemiterio de Cristóbal Colón de A Habana, conservada en formato dixital:

  • Título de propiedade (1929)
  • Duplicado do título de propiedade (1955)
  • Fotografía do panteón

El Valle de Oro. Sociedad de instrucción, protección y recreo

Facturas das escolas

Facturas das escolas da sociedade "Liga Santaballesa", conservadas en formato papel (fotocopias):

  • Facturas relativas ao edificio escolar
  • Facturas relativas ao material didáctico

Liga Santaballesa de Educación e Instrucción

Facturas varias

Facturas da sociedade "Liga Santaballesa", conservadas en formato papel (fotocopias).

Liga Santaballesa de Educación e Instrucción

Federación de entidades culturales gallegas en Catalunya

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel (orixinal):

Programa de actividades do VI concurso de música e baile tradicional galego (2006)
Programa do IX encontro das corais da Federación (2006)
Programa do X encontro das corais da Federación (2007)
Convite á conferencia de Xosé Ramón Barreiro Fernández (2007)
Convite á conferencia de Xosé María Álvarez Cáccamo (2008)
Convite á conferencia de Carlos Sixirei Paredes (2010)
Programa da xuntanza de entidades galegas de Cataluña (2010)
Programa do encontro da comunidade galega en Cataluña (2013)
Revista "Vento do leste : Revista de Cultura, Arte e Sociedade"

Federación de entidades culturales gallegas en Catalunya

Federación de Sociedades Galegas na Suiza

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel (orixinais):

Estatutos da FAGS (1973)
Actas das reunións da Comisión Executiva (1980-1981)
Circular enviada aos centros que conforman a Federación
Enquisa "As sociedades galegas no mundo" (1999)
Folleto do I Día de Galicia en Suiza (1981)
Folleto: Arte e cultura de Galicia (1983)
Folleto da representación do "Ballet Gallego Rey de Viana" (1983)
Folleto e folla voandeira do Día de Galicia en Suiza (1985)
Políptico: Arte e cultura da Galiza (1986)
Díptico do Día das Letras Galegas, Arte e Cultura da Galiza (1986)
Díptico co dossier de prensa do programa Arte e cultura da Galiza e do grupo Milladoiro (1986)
Folleto do Día das Letras Galegas, Arte e Cultura de Galiza (1987)
Folleto do Día das Letras Galegas (1988)
Folleto do Día da Patria Galega (1990)
Emblema societario
Revista "Diáspora : revista da Federación de Sociedades Galegas na Suíza"
Boletín "Letras Galegas"

Conservada en formato papel (fotocopias):

Estatutos da FSGS (1985)
Circular enviada aos centros que conforman a Federación (1981)

Federación de Sociedades Galegas na Suiza

Resultados 641 a 660 de 1584