Amosando 1872 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega América
Previsualización da impresión Ver:

121 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

España Solidaria : Periódico Informativo del Centro Gallego de Jubilados y Pensionados de la República Argentina

Xornal informativo onde se informa sobre as actividades da entidade editora e de todas as axudas económicas do goberno español para os emigrantes maiores. No primeiro número hai unha entrevista ao conselleiro laboral da Embaixada de España en Arxentina. Tamén hai artigos de carácter cultural: na última páxina hai un artigo asinado por Camilo José Cela que trata da morriña en Galicia.

Número en papel:

1992: n. 1 (julio)

Centro Gallego de Jubilados y Pensionados de la República Argentina

Espanhol sempre : Uma publicaçao da Real Sociedade Espanhola de Beneficência

Este xornal está editado pola Real Sociedade Espanhola de Beneficência de Bahía para informar sobre o Hospital Espanhol que eles fundaron e dirixen; aparecen amplas informacións sobre servizos médicos que se ofrecen, entrevistas a facultativos e nas páxinas centrais unha completa guía médica con todas as especialidades e enderezos onde poder acudir.

Número conservado en formato papel:

1996: n. 29

Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia

Estatuto

Formato papel (fotocopias):

Reformas dos estatutos dispostas pola asemblea extraordinaria do día 15/04/1987, con inclusión do cambio de denominación da institución aprobado o día 27/05/1988 e certificación de copias.

Centro Noya - Rianxo, asociación civil

Estatuto da Sociedade Santa Tereza de Ávila

Estatutos da "Sociedade Santa Tereza de Ávila" aprobados en Asemblea Xeral o día 14/06/1988, con personalidade xurídica dende o 31/05/1989, conservados en formato papel.

Sociedade filantrópica Santa Tereza de Ávila

Estatutos

Estatutos da "Agrupación de Valdeorras y Viana", conservados en formato dixital e impreso:

  • Estatutos aprobados o 23/01/1928 e publicados en 1929 (24 páxinas)
  • Estatutos aprobados o 23/12/1931 e publicados en 1932 (20 páxinas)

Agrupación de Valdeorras y Viana

Estatutos

Estatutos da "Sociedad de Instrucción, Protección y Recreo Hijos de San Miguel y Reinante" aprobados o 15/05/1951 (27 páxinas), conservados en formato dixital e impresos de maneira incompleta.

Hijos de San Miguel y Reinante

Estatutos

Estatutos xerais e Regulamento do retiro social da sociedade "El Valle de Lemos" (1953), conservados incompletos en formato dixital e impreso.

El Valle de Lemos, Sociedad de instrucción, protección y recreo

Estatutos

Estatutos de 1987 da "Real sociedade espanhola de beneficência" (52 páxinas), conservados en formato dixital.

Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia

Estatutos

Estatutos de 1919 da "Real sociedade espanhola de beneficência", conservados en formato dixital.

Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia

Estatutos

Estatuto de 1996 da "Real sociedade espanhola de beneficência" (34 páxinas), conservado en formato papel e dixital.

Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia

Estatutos

Estatutos da "Federación de Sociedades Españolas de Cuba", conservados en formato dixital:

  • Estatutos aprobados o 23/03/1964 (71 páxinas)

Federación de Sociedades Españolas de Cuba

Estatutos

Estatutos da sociedade "Centro Gallego de Rosario" do 02/12/1958 (12 páxinas), conservados en formato papel (fotocopias).

Centro Gallego de Rosario, asociación mutual

Resultados 661 a 680 de 1872