Programas das actividades organizadas pola "Sociedad cultural recreativa Carballeira" con motivo do Día de Galicia de 1986 e 1990. O programa de 1986 está grampado ao programa de actividades editado polo "Ayuntamiento de Zarautz" coas actividades programadas para os meses de xuño a outubro.
Documentación relativa ás actividades do grupo folclórico do "Centro Galego de Bruselas", conservada en formato papel:
Folla voandeira da actuación "Galicia baila en Bruselas" (02-03/11/1979).
Folleto das actividades organizadas no "Día de Galicia na emigración" (05/04/1980) pola "Xunta de organizacións galegas de Europa" e o "Centro Galego de Bruselas".
Folla voandeira das actividades organizadas no "Día de Galicia na emigración" (05/04/1980) pola "Xunta de organizacións galegas de Europa" e o "Centro Galego de Bruselas".
Informe e programa do festival folclórico e cultural organizado con motivo do "Día da Festa Nacional e da Hispanidade" (10/10/1980).
Folla voandeira da actuación "Galicia baila en Bruselas" (08/12/1990).
Carta enviada ao Centro Galego de Bruselas Programa preparatorio e programa definitivo das actividades polo Día das Letras Galegas de 1988 Programa das actividades polo Día das Letras Galegas de 1991 "Boletín del Centro Gallego de Marsella" Revista "Buenas maneras : Sección Educativa de los niños del Centro Gallego de Marsella"
Programa das actividades organizadas pola Sociedade Galega Sementeira de Basilea con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, conservado en formato papel.
Tarxeta postal (2006) Tríptico do II Festival de música galega en Barcelona (1984) Folleto do XXV Festival Toxos e Xestas de música galega en Barcelona (2009) Recolección de recortes de prensa sobre a Escola de gaitas e danzas galegas Toxos e Xestas 2 folletos publicitarios sobre a Escola Calendario co emblema societario (2007) Revista "O Lar de Toxos : Voceiro da Escola de Gaitas e Danzas Toxos e Xestas de Barcelona" Anuario editado pola A.C. Amigos da Gaita Toxos e Xestas
Estatutos (1989) Carta enviada ao Arquivo da Emigración Galega (1991) con documentación adxunta:
Memoria e fins societarios
Enquisa "Entidades" para elaborar o censo cultural
Enquisa "Medios de comunicación" para elaborar o censo cultural Programas das festas de Santiago:
Folleto das festas de 1982
Folleto das festas de 1984
Folleto das festas de 1986
Folleto das festas de 2005
Folla voandeira das festas de 2005 Bases do concurso infantil de redacción:
Tríptico coas bases do concurso de 1989
Díptico coas bases do concurso de 1994 Marcapáxinas publicitario do número 40 da revista "O xistral" Revista "Vagalume" Revista "O Xistral" Revista "A Catrapola : Voceiro da Xente Nova do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo" Revista "Revista Cultural" Boletín "Festas do Santiago"
Folleto co programa de actividades con motivo do "I Concurso de folklóre galego" organizado pola sociedade "Promoción de la Cultura Gallega", conservado en formato papel.
Folleto editado pola "Casa de Espanha" para dar conta das actividades desenvolvidas en novembro do ano 1993 e incorporar o programa de actos sociais, culturais e deportivos de decembro, conservado en formato papel.
Estatutos e regulamento interno da Casa de Galicia de Río de Janeiro (23 páxinas) reformados na Asemblea Xeral Extraordinaria do día 19 de novembro de 1958, conservados en formato papel.