Estatutos reformados o 29/11/1938 e aprobados o 03/12/1938, conservados na edición facsímil: "Regulamentos e Estatutos das Sociedades Galegas de Cuba" editada pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Conservada copia dixital e impresa incompleta.
Estatutos aprobados o 29/02/1944 (90 páxinas), conservados en formato dixital.
Estatutos da Sociedad cultural recreativa Carballeira de 27/11/1980, con indicación de estar inscrita no "Registro Provincial de Asociaciones", conservados en formato papel (fotocopias).
Edición bilingüe galego-castelán do proxecto de Estatutos da Federación de Asociacións Galegas na Suiza (FAGS) (03/1973), 12 páxinas
Borrador de Estatutos da Federación de Sociedades Galegas na Suiza (FSGS), coa proposta de modificacións da sociedade Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego (1980).
Estatutos da Federación de Sociedades Galegas na Suiza aprobados no III Congreso celebrado en Lausana (26/05/1985), 5 páxinas (fotocopias)
Estatutos da Casa de Galicia en León, redactados de conformidade co acordado na Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o día 07 de outubro de 1988, conservados en formato papel (fotocopias).