Showing 5701 results

Archival description
Fondos do Arquivo da Emigración Galega
Print preview View:

129 results with digital objects Show results with digital objects

Arazúa : Boletín de la Asociación Protectora de la Cultura Gallega

Esta publicación cultural de orientación galeguista, da que só saíron dous números, foi editada pola Asociación Protectora de la Cultura Gallega de Montevideo. Nela aparecen numerosos artigos sobre Galicia e a súa literatura, historia, arte, arqueoloxía, etc. e descricións das actividades realizadas a prol da mesma en Montevideo e noutros lugares como Cuba ou Galicia. Neste senso reivindicativo da identidade cultural galega, reproducen manifestos nacionalistas e diversas colaboracións de autores galegos e uruguaios. A orientación ideolóxica da revista pode observarse na sección «Farrapos», redactada por C. Sánchez Mosquera, na que realiza diversos comentarios sobre o galeguismo, o caciquismo, a actualidade, etc. Por último, informan das actuacións da propia asociación: campañas, correspondencia, manifestos, listado de afiliados, etc.

Números conservados en formato papel (fotocopias):

1929: n. 1
1930: n. 2

Asociación protectora de la cultura gallega de Montevideo

Raza celta : Órgano del Comité Autonomista Gallego de Montevideo

Esta publicación cun marcado compoñente político, foi creada durante a II República española polo Comité Autonomista Gallego de Montevideo, para informar da actualidade da Península, adoptando unha postura conservadora e crítica coa liña do Partido Galeguista. Aparecen numerosos artigos de carácter cultural e de orientación nacionalista, que se complementan con informacións das actividades do propio comité e doutras sociedades no Río da Prata.

Números conservados en formato papel (facsímil):

1934: n. 1-11
1935: n. 12

Comité autonomista gallego de Montevideo

Centro Gallego de Montevideo

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato dixital:

Libros de actas da Comisión Directiva, da Xunta de Instrucción, da Xunta de Protección, do Consello de Administración e das Asembleas de Socios (1879-)
Correspondencia enviada pola Comisión Directiva, a Xunta de Instrucción, a Xunta de Protección e o Consello de Administración (1885-1934)

Conservada en formato papel:

Estatutos (1985)
Folleto "Unha terra... un pobo... e unha fala" (1985)
Programas de 1997 e 2002
Sobre co emblema social
Revista "Centro Gallego : Órgano de la Colectividad Gallega en el Uruguay"
Memoria e Balance

Centro Gallego de Montevideo

Correspondencia enviada pola Xunta Directiva

Libros copiadores da correspondencia enviada pola Xunta Directiva da sociedade "Centro Gallego de Montevideo", conservados en formato dixital:

  • 1885-1887
  • 1888-1890
  • 1882-1885
  • 1890-1894
  • 1894-1898
  • 1898-1900
  • 1900-1909
  • 1909-1923
  • 1923-1932
  • 1932-1934

Centro Gallego de Montevideo

Sobre

Sobre co emblema da sociedade "Centro Gallego de Montevideo".

Centro Gallego de Montevideo

Results 1761 to 1780 of 5701