Amosando 1870 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega América Centros Galegos
Previsualización da impresión Ver:

120 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Agrupación artística gallega

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato dixital e impreso:

Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1922-1926)
Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1927-1930)
Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1932-1934)
Libro de Actas das reunións das reunións das Xuntas Xerais de Socios (1944-1949)
Regulamento (1919)
Regulamento (1921)
Libro de Actas das reunións da Sección de Propaganda (1922-1924)
Libro de Actas das reunións da Sección de Propaganda (1938-1954)
Libro de Actas das reunións da Sección de Arte e Cultura, coa listaxe de membros e artigos do Regulamento (1977-1980)
Libro de Actas das reunións da Sección de Orde, coa listaxe de membros e artigos do Regulamento (1977-1982)

Conservada en formato dixital:

1 carta (1927)
Libro de rexistro de socios (1919-1934)
Libro de rexistro de socios-Contaduría (1926)
Libro de rexistro de socios (1952-1965)
Libro de rexistro de socios (1968-1982): dixitalizado incompleto
Libro de balances de tesourería (1919-1931)
Libro de caixa de funcións teatrais (1925-1926): dixitalizado incompleto
1 recibo (1931)
1 modelo
1 emblema

Conservada en formato papel (orixinal):
1 enquisa (2004)
1 emblema
Revista "Cultura Hispánica"

Agrupación artística gallega

Agarimo

Esta revista foi editada por un grupo de simpatizantes da sociedade Hogar Gallego para Ancianos co fin de apoiar e divulgar o seu labor asistencial en pro da colectividade galega da terceira idade. A maior parte dos artigos son colaboracións, principalmente literarias, con referencias a personalidades galegas ou ao papel dos galegos en América. Neste número que conservamos aparece o relatorio presentado no I Congreso da Emigración Galega sobre a ancianidade e unha ampla información sobre a entidade.

Número fotocopiado:

1957: n. 1

Hogar gallego para ancianos

Adiante : Orgao das Mocedades galeguistas

Esta publicación de carácter político foi editada para informar das actividades societarias (asembleas, edicións de libros, etc.) e da situación da colectividade en xeral. Realiza unha defensa de Galicia, desde postulados nacionalistas e republicanos, criticando a súa situación política e económica nas seccións «Da Galiza asoballada» e «O Fungueiro» (notas críticas da actualidade galega e da colectividade).

Números orixinais:

1954: n. 1-3
1955: n. 4

Número fotocopiado:

1956: n. 5

Irmandade galega de Buenos Aires

Actuacións musicais

6 programas de actuacións (fotocopias):

  • Salón Lago di Como, de Cangallo 1756
  • Salón Casa Suiza, de Rodríguez Peña 254 (09/07/1938)
  • Salón Centro de Almaceneros, de Luis Sáenz Peña 242 (14/09/1940)
  • Teatro Avenida, de Avenida de Mayo 1218/28 (02/12/1942)
  • Salón Centro de Almaceneros, de Luis Sáenz Peña 242 (25/04/1952)
  • Salón Centro de Almaceneros, de Luis Sáenz Peña 242 (11/10/1956)

Coral galega Os Rumorosos

Actos programados para 2002

Folleto editado pola sociedade "Centro Gallego de Montevideo" co programa de actos de abril e maio de 2002, conservado en formato papel.

Centro Gallego de Montevideo

Actos programados para 1997

Folleto editado pola sociedade "Centro Gallego de Montevideo" co programa de actos de xullo e agosto de 1997, conservado en formato papel.

Centro Gallego de Montevideo

ACTAS relativas á constitución da sociedade habaneira

Actas relativas á constitución da sociedade en España, conservadas en formato dixital e impreso:

  • Certificado da Acta número 1 da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa" en A Devesa, Ribadeo, do día 09/10/1911, relativa á financiación da construcción do edificio social. Contén o "Legado Pedro Murias" (7 páxinas)
  • Acta da reunión celebrada na Habana entre a Xunta Directiva da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa" de A Habana e a Comisión de doantes da parroquia de Devesa o día 03/01/1912 con motivo da constitución dunha sociedade homónima en España (4 páxinas)
  • Acta da reunión da Xunta Directiva da sociedade habanera o día 12/01/1912 na que se aproba a constitución dunha sociedade homónima na Devesa, Ribadeo, e a construcción dun edificio social e de recreo (5 páxinas)

Círculo Habanero de La Devesa

Actas Junta Directiva

Libro de actas de reunión da Xunta Directiva. Contén 136 actas dende o 30/04/1979 ata o 14/06/1997 conservadas en papel (fotocopias) e dixital.

Unión Barcalesa

Actas de Junta General

Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de socios da "Sociedad de Instrucción Unión Barcalesa", conservados en formato dixital e impreso. Contén 118 actas dende o 17/01/1964 ata o 28/02/2004.

Unión Barcalesa

Acta número 1 da sociedade “Círculo Habanero de La Devesa" en A Devesa (Ribadeo)

Transcrición da acta número 1 da sociedade “Círculo Habanero de La Devesa" en A Devesa (Ribadeo) do día 9 de outubro de 1911. Trata da financiación para construír un edificio cívico.
Contén o "Legado Pedro Murias".

Círculo Habanero de La Devesa

Acta de fusión

Acta da reunión na que se decide a fusión das sociedades "Hijos del Ayuntamiento de Golada" e "Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez", conservada en formato dixital:

  • Acta nº 5 do día 18/10/1987 (2 páxinas)

Hijos del Ayuntamiento de Golada

Resultados 1781 a 1800 de 1870