Estatutos do "Centro Galicia en Ponferrada" (15 páxinas), redactados de conformidade co establecido na Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o día 15 de xullo de 1992, conservados en formato papel.
Carta enviada polo Presidente do "Centro Galicia de Ponferrada", Eloy Fernández Gómez, o día 25 de outubro de 1996, adxuntando os Estatutos, o anagrama da institución e o díptico coa enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas", conservados en formato papel.
Folletos editados polo "Centro Galicia de Ponferrada" co programa dos actos a celebrar na Romaría da Cruz de Ferro, con motivo do Patrón, Santiago Apóstol, conservados en formato papel:
Carta enviada polo Presidente do Centro Galego en Burgos, Avelino Lorenzo Vidal, ao coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, Marcelino X. Fernández Santiago, o día 27 de xaneiro de 1999, para facerlle chegar a enquisa "As sociedades galegas no mundo" (8 páxinas), conservadas en formato papel.
Esta publicación societaria, voceiro oficial da Casa de Galicia, foi creado para informar aos residentes galegos nesta cidade das noticias e acontecementos que ocorren nela, así como tamén en Galicia. Dá tamén noticias sobre as actividades realizadas pola entidade.
Números conservados en formato papel:
1999: n. 0 2000: n. 1 2001: n. 2 2002: n. 3 2003: n. 4 2004: n. 5 2005: n. 6 2006: n. 7 2009: n. 10 2010: n. 11
Carta enviada polo Presidente da "Casa de Galicia en León", Constantino Fernández Vázquez, ao Director da Radio Televisión Galega, o día 11 de setembro de 1989, para facerlle chegar dous exemplares do folleto coas bases do VI concurso de relatos en lingua galega e española, conservada en formato papel.
Folleto coas bases do VI concurso de relatos en lingua galega e española organizado pola "Casa de Galicia en León" coa colaboración da Dirección Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas, conservado en formato papel.