Showing 3 results

Archival description
Juventud de Viana, Trives y Valdeorras, asociación cultural, social y recreativa América do Sur Cartas
Print preview View:

Carta enviada ao Secretario Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas

O Presidente da asociación Juventud de Viana, Trives y Valdeorras, Francisco Rodríguez González, escribe ao Secretario Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, Fernando Amarelo de Castro, para optar ao recoñecemento de galeguidade da entidade.

Xunto coa carta adxunta copia de:

  • Memoria e balance do ano 1999 (14 páxinas)
  • Acta fundacional (02/01/1954) (6 páxinas)
  • Estatutos (1954) (15 páxinas)
  • Outorgamento de Personería Xurídica n. 7782 (26/04/1982) (4 páxinas)
  • Escritura do inmoble (5 páxinas)
  • Xunta directiva vixente (1 páxina)
  • Fotografías de encontros sociais (1 páxina)

Juventud de Viana, Trives y Valdeorras, asociación cultural, social y recreativa

Carta do Secretario Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas

O Secretario Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, Fernando Amarelo de Castro, acusa recibo dunha carta previa do Presidente da asociación Juventud de Viana, Trives y Valdeorras, Francisco Rodríguez González, na que daba conta da nova composición da Xunta Directiva da institución.

Juventud de Viana, Trives y Valdeorras, asociación cultural, social y recreativa

Carta enviada á Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia

O Presidente da asociación Juventud de Viana, Trives y Valdeorras, Francisco Rodríguez González, escribe á Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura e Xuventude da Xunta de Galicia, para comunicarlle a nova comisión directiva da institución renovada parcialmente en Asemblea Xeral Ordinaria o 20/05/1995.

Juventud de Viana, Trives y Valdeorras, asociación cultural, social y recreativa