Amosando 7 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Unión del partido de Lalín en Buenos Aires Cartas
Previsualización da impresión Ver:

Carta da "Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina"

Carta do Secretario Xeral da "Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina", Gerardo M. Díaz, dirixida ao Presidente da Sociedade Lalín, en outubro de 1950, para solicitarlles que fagan un requerimento ao goberno francés.

Unión del partido de Lalín en Buenos Aires

Carta enviada a Manuel Sánchez Gresande

Carta enviada pola sociedade "Unión del partido de Lalín en Buenos Aires, auxiliar y de fomento de sociedades agrarias y culturales en el partido" a Manuel Sánchez Gresande, en contestación a unha petición previa.

Unión del partido de Lalín en Buenos Aires

Carta enviada á sociedade "Hijos del Partido de Lalín"

Carta do Presidente, Julio Lalín, e o Secretario, Antonio Castro, da "Asociación Unión del Partido de Lalín en Buenos Aires", dirixida ao Presidente da Asociación "Hijos del Partido de Lalín" o día 08/01/1973 con respecto á fusión de ambas entidades.

Unión del partido de Lalín en Buenos Aires

Correspondencia varia

Correspondencia da sociedade "Unión del partido de Lalín en Buenos Aires".

Conservada en papel a correspondencia dos anos 1932-1957.

Conservada en microficha a correspondencia dos anos 1940-1953.

Conservada en dixital a correspondencia dos anos 1941-1942.

Conservada en microfilme a correspondencia dos anos 1940-1942.

Unión del partido de Lalín en Buenos Aires

Correspondencia varia

Cartas enviadas pola "Asociación Unión del Partido de Lalín en Buenos Aires" durante os anos 1932-1957, conservadas en formato papel.

Unión del partido de Lalín en Buenos Aires

Unión del partido de Lalín en Buenos Aires

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato microficha:

Libro de actas das reunións da Comisión Directiva (1943-1962)
Libros de actas das reunións das Asembleas de Socios (1954-1962, 1966-1967)
Libros de actas das reunións da Comisión de Festas (1954-1962, 1966-1967)
Libros de actas das reunións de varias comisións (1938-1939, 1943-1944)
Inventario de útiles de escolas financiadas pola sociedade dos anos 1922-1923 e documentación dos anos 1928-1929
Correspondencia dos anos 1940-1953
Libros de rexistro de socios dos anos 1921-1925, 1943 e 1947 e de matrícula de socios do ano 1957

Conservada en formato papel:

Libros de actas das reunións das Asembleas de Socios (1939-1963)
Proxecto de "Comité Español de Acción Republicana y Civil en la República Argentina" presentado o día 17 de marzo de 1925
Libros de actas das reunións da Comisión de Festas (1961-1977)
Libro coas actas e sinaturas dos membros nas reunións da Subcomisión de Festas (1932-1946)
Libros de actas e demáis documentación da Comisión Campo de Recreo (1943)
2 programas educativos para as escolas financiadas pola sociedade, Regulamento publicado no ano 1922, e traballos dos alumnos que inclúen mapas, debuxos, etc.
Carta enviada a Manuel Sánchez Gresande (1923)
Libros de rexistro de socios dos anos 1921-1943 e 1971
Fichas de socios dos anos 1967-1968
Libro de contabilidade dos anos 1950-1971
Documentos editados pola sociedade durante os anos 1926-1954: 1 cartaz e 4 folletos
Recortes de prensa no "Diario Español" publicados con motivo da velada artística e danzante do 25 de maio de 1946, polo 25º aniversario da sociedade
Comunicacións e manifestos dos anos 1936-1954 dirixidos á colectividade galega en Bos Aires, aos residentes de Lalín e aos electores e afiliados da "Federación de Sociedades Gallegas"
Convite ao Gran Festival Lalinense
Informe da Comisión Directiva sobre o exercicio financieiro 1947-1948
Memoria elaborada pola sociedade ao cumplirse o 25º aniversario da súa creación

Conservada en formato dixital:

Correspondencia dos anos 1941-1942

Conservada en formato microfilme:

Correspondencia dos anos 1940-1942
Libros de rexistro de socios dos anos 1922-1935

Unión del partido de Lalín en Buenos Aires