O Lar de Toxos : Voceiro da Escola de Gaitas e Danzas Toxos e Xestas de Barcelona
- ES GA 15078 ACCG AEG-01-AE-ES-Toxos-07-01-01
- Subserie
- 1995 -
Prensa societaria editada coa finalidade de difundir o labor da escola de gaitas e danzas Toxos e Xestas de Barcelona e contribuír á difusión da cultura galega: gastronomía, lingua e literatura, música, localidades, cultura popular (festas, romarías, costumes, vestimenta típica etc.); xunto a informacións sobre a emigración, como o IV Consello de Comunidades Galegas, páxinas de humor, pasatempos etc.
Número conservado en formato papel:
- 1995: n. 3
Escola de gaitas e danzas galegas Toxos e Xestas