Carta e enquisa "As sociedades galegas no mundo"
- ES GA 15078 ACCG AEG-01-AE-SU-GGAa-03-01-02-02
- Unidade documental composta
- 1998
Carta enviada polo Presidente do Grupo Galego de Aarau, Evaristo Lago, a Marcelino X. Fernández Santiago, coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, o día 13/10/1998, en contestación á súa solicitude de información. Nela informan do seu recente cambio de dirección.
Documentación adxunta:
- Enquisa "As sociedades galegas no mundo", 8 páxinas, tamaño A4.
- Portada, índice e primeira páxina do número 1 (set. 1998) da revista "Unión do galego" (fotocopias)
- Emblema societario (fotocopias)
- Carné de socio do Presidente (fotocopias)
Grupo Galego de Aarau