Esta publicación societaria está editada con motivo da celebración da Festa das autonomías para informar aos socios do Centro Galego Nós de Sabadell do programa de actividades que están organizadas para esa festa e na que participan diversas asociacións de españois asentados en Cataluña. Ademais dun saúda do seu presidente, hai algunha colaboración literaria e artigos sobre os grupos folclóricos e asociacións que colaboran na festa.
Esta revista societaria pretende achegar aos seus socios, emigrantes galegos residentes en Alacante, todas as novidades da colectividade e os actos que organiza a entidade.
Esta publicación societaria informa das actividades da sociedade instructiva «Pro-Escuela en Bandeira» e achega aos seus socios as noticias da súa localidade natal e de Galicia («Notas locales», «Información Regional»). Tamén contén abundantes colaboracións literarias e artigos de temática variada, entre os que citamos «Sección Argentina», na que Saga Tevama reflexiona sobre diversos aspectos educativos e pedagóxicos, temática que se repite en numerosos artigos.
Números conservados en formato papel (fotocopias):
Esta publicación societaria está dirixida á xuventude da Casa de Galicia de Bilbao, contendo noticias anecdóticas sobre a institución, seccións de ocio e pasatempos, algunha entrevista e declaracións institucionais.
Esta publicación societaria informa das diferentes actividades organizadas pola entidade editora, o Centro Galego de Hannover en Alemaña. Compleméntase con escritos sobre a arte, cultura, tradicións galegas e unha sección de pasatempos.
Esta publicación societaria foi creada en 1997 para dar a coñecer a comarca de Fisterra en Bos Aires, así como as actividades dos emigrantes naturais desta zona da Costa da Morte residentes en Bos Aires, informando dos servizos, novidades e curiosidades aos seus socios.
Publicación societaria editada con motivo da celebración dunha festa popular organizada pola sociedade Irmandade A Nosa Galiza de Mollet del Vallès para toda a colectividade inmigrante residente na comarca. Ademais do programa de actividades organizadas, hai tamén información sobre a entidade e o seu grupo de música e danza etc. Tamén reproducen textos literarios galegos e cataláns e pequenos artigos sobre lugares e monumentos galegos.
Publicación editada para dar a coñecer e difundir a actividade artística dos numerosos grupos folclóricos das entidades de emigrantes residentes en Venezuela. A Hermandad Gallega de Venezuela e o seu grupo de danza Semente Nova organizan a edición do ano 2003 do Festival de Danzas Folclóricas Internacionales e con tal motivo editan esta revista para publicitar este certame.
Boletín societario editado con motivo da celebración das Festas do Apóstolo. Ademais do programa das festas cos diversos actos festivos, culturais e deportivos, a directiva aproveita para informar de diversas cuestións interesantes para os socios. A metade da publicación son textos literarios, escritos todos en galego.
Números conservados en formato papel:
1984 (220 x 156 mm) 1986 (215 x 150 mm) 2005 (tamaño A4)
Esta publicación societaria está editada con motivo da celebración da festa de Santiago Apóstolo. Ten a finalidade de dar a coñecer o programa festivo organizado pola entidade editora; aproveitan para dar a coñecer as actividades societarias realizadas ao longo do ano. Inclúe ademais algúns artigos sobre Galicia.
Boletín societario editado polo centro A Nosa Galiza de Xenebra, con motivo da celebración anual das festas de San Xoán, para informar aos seus socios das actividades festivas organizadas con tal fin.
Números conservados en formato papel:
2000: 13ª festa 2001: 14ª festa 2003: 16ª festa 2010: 22ª festa 2012: 25ª festa
Esta publicación pretende recoller todas as novas de interese para as comunidades de emigrantes galegos espalladas polo mundo. Contén diferentes noticias de carácter político (o estatuto de autonomía) e de interese para os galegos (validación de estudos estranxeiros, etc.); tamén inclúe lembranzas e recordos de Luis Sánchez Mosquera.
Esta publicación foi editada pola Federación de Sociedades Españolas de Buenos Aires con motivo da celebración do cincocentos aniversario do descubrimento de América. Ademais de artigos sobre esta data e a presenza española no continente americano, a maior parte da revista céntrase nas memorias históricas das sociedades españolas que integran a federación, así como as actividades e directivas coas que contan nese momento.
Número publicado polo 5º centenario do Descubrimento de América:
1992 (150 páxinas)
Federación de sociedades españolas de Buenos Aires
Esta publicación societaria foi publicada como libro-memoria da entidade editora, onde se nos presentan as sociedades e os directivos que forman parte de dita federación, ademais das diversas actividades organizadas por eles.
Esta publicación foi editada para informar das actividades realizadas pola institución, principalmente as celebracións de carácter relixioso. Destacan os artigos políticos que manifestan unha orientación conservadora, de apoio á causa franquista. Inclúe colaboracións literarias.
Números conservados en microfilme:
1936: n. 1-2 1937: n. 3-13 1938: n. 14-15, 17-20 [i.e. 21] 1939: n. 22-30 1940: n. 31-35 1941: n. 36-37 1942: n. 39