Esta publicación pretende recoller todas as novas de interese para as comunidades de emigrantes galegos espalladas polo mundo. Contén diferentes noticias de carácter político (o estatuto de autonomía) e de interese para os galegos (validación de estudos estranxeiros, etc.); tamén inclúe lembranzas e recordos de Luis Sánchez Mosquera.
Boletín societario editado polo centro A Nosa Galiza de Xenebra, con motivo da celebración anual das festas de San Xoán, para informar aos seus socios das actividades festivas organizadas con tal fin.
Números conservados en formato papel:
2000: 13ª festa 2001: 14ª festa 2003: 16ª festa 2010: 22ª festa 2012: 25ª festa
Esta publicación societaria está editada con motivo da celebración da festa de Santiago Apóstolo. Ten a finalidade de dar a coñecer o programa festivo organizado pola entidade editora; aproveitan para dar a coñecer as actividades societarias realizadas ao longo do ano. Inclúe ademais algúns artigos sobre Galicia.
Boletín societario editado con motivo da celebración das Festas do Apóstolo. Ademais do programa das festas cos diversos actos festivos, culturais e deportivos, a directiva aproveita para informar de diversas cuestións interesantes para os socios. A metade da publicación son textos literarios, escritos todos en galego.
Números conservados en formato papel:
1984 (220 x 156 mm) 1986 (215 x 150 mm) 2005 (tamaño A4)
Publicación editada para dar a coñecer e difundir a actividade artística dos numerosos grupos folclóricos das entidades de emigrantes residentes en Venezuela. A Hermandad Gallega de Venezuela e o seu grupo de danza Semente Nova organizan a edición do ano 2003 do Festival de Danzas Folclóricas Internacionales e con tal motivo editan esta revista para publicitar este certame.
Publicación societaria editada con motivo da celebración dunha festa popular organizada pola sociedade Irmandade A Nosa Galiza de Mollet del Vallès para toda a colectividade inmigrante residente na comarca. Ademais do programa de actividades organizadas, hai tamén información sobre a entidade e o seu grupo de música e danza etc. Tamén reproducen textos literarios galegos e cataláns e pequenos artigos sobre lugares e monumentos galegos.
Esta publicación societaria foi creada en 1997 para dar a coñecer a comarca de Fisterra en Bos Aires, así como as actividades dos emigrantes naturais desta zona da Costa da Morte residentes en Bos Aires, informando dos servizos, novidades e curiosidades aos seus socios.