Esta publicación societaria informa das actividades da sociedade instructiva «Pro-Escuela en Bandeira» e achega aos seus socios as noticias da súa localidade natal e de Galicia («Notas locales», «Información Regional»). Tamén contén abundantes colaboracións literarias e artigos de temática variada, entre os que citamos «Sección Argentina», na que Saga Tevama reflexiona sobre diversos aspectos educativos e pedagóxicos, temática que se repite en numerosos artigos.
Números conservados en formato papel (fotocopias):
Esta publicación societaria está dirixida á xuventude da Casa de Galicia de Bilbao, contendo noticias anecdóticas sobre a institución, seccións de ocio e pasatempos, algunha entrevista e declaracións institucionais.
Esta publicación societaria informa das diferentes actividades organizadas pola entidade editora, o Centro Galego de Hannover en Alemaña. Compleméntase con escritos sobre a arte, cultura, tradicións galegas e unha sección de pasatempos.
Partitura musical "Flores de Silleda", pasodobre composto por José Barreiro e adicado á "Sociedad Agraria Cultural y Recreativa Hijos de Silleda de Buenos Aires", conservada en formato papel.
Esta publicación societaria foi creada en 1997 para dar a coñecer a comarca de Fisterra en Bos Aires, así como as actividades dos emigrantes naturais desta zona da Costa da Morte residentes en Bos Aires, informando dos servizos, novidades e curiosidades aos seus socios.
Publicación societaria editada con motivo da celebración dunha festa popular organizada pola sociedade Irmandade A Nosa Galiza de Mollet del Vallès para toda a colectividade inmigrante residente na comarca. Ademais do programa de actividades organizadas, hai tamén información sobre a entidade e o seu grupo de música e danza etc. Tamén reproducen textos literarios galegos e cataláns e pequenos artigos sobre lugares e monumentos galegos.
Publicación editada para dar a coñecer e difundir a actividade artística dos numerosos grupos folclóricos das entidades de emigrantes residentes en Venezuela. A Hermandad Gallega de Venezuela e o seu grupo de danza Semente Nova organizan a edición do ano 2003 do Festival de Danzas Folclóricas Internacionales e con tal motivo editan esta revista para publicitar este certame.
Boletín societario editado con motivo da celebración das Festas do Apóstolo. Ademais do programa das festas cos diversos actos festivos, culturais e deportivos, a directiva aproveita para informar de diversas cuestións interesantes para os socios. A metade da publicación son textos literarios, escritos todos en galego.
Números conservados en formato papel:
1984 (220 x 156 mm) 1986 (215 x 150 mm) 2005 (tamaño A4)