Showing 262 results

Archival description
América do Sur Subseries Emigración galega
Print preview View:

3 results with digital objects Show results with digital objects

Boletín de la sociedad cultural y agraria del distrito de Mugía

Esta publicación societaria informa das actividades e notas sociais da Sociedad Cultural y Agraria del Distrito de Mugía (capital social, ecos de sociedade, nómina de socios, etc.) e recolle informacións da zona de Muxía, colaboracións literarias e artigos de temática variada sobre Galicia. Ten colaboracións habituais de destacados escritores como Gervasio Paz Lestón, Ramón Otero Pedrayo, Gonzalo López Abente ou Manuel Pereira Santos entre outros e fotografías de Ramón Caamaño.

Números conservados en formato dixital:

1928: n. 4-5
1929: n. 6-8
1930: n. 9-11
1931: n. 12-13
1932: n. 14-15
1933: n. 16-17
1934: n. 18

Números conservados en formato papel (impresión dixital):

1930: n. 10-11

Sociedad cultural y agraria del distrito de Mugía

Memoria social

Memoria do "Patronato da Cultura Galega de Montevideo" correspondente aos exercicios:

  • 1970/1971
  • 1971/1972
  • 1972/1973
  • 1973/1974

Patronato da cultura galega de Montevideo

Centro Lalín de Buenos Aires

Esta revista está editada polo Centro Lalín de Bos Aires para informar sobre as actividades da entidade e das noticias de Galicia e da comarca do Deza aos seus socios.

Números conservados en papel:

  • 1997: xullo
  • 1998: setembro

Centro Lalín de Buenos Aires

Padrón

Esta revista societaria foi creada para informar aos socios da entidade editora das actividades sociais, así como das noticias e historia do seu concello natal e de Galicia.

Números conservados en microfilme:

  • 1945
  • 1947
  • 1950

Sociedad residentes del partido judicial de Padrón

Memoria e balance social

Memoria e balance xeral da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Carnota" na que dan conta das súas actividades sociais durante o exercicio de 1942.

Hijos del ayuntamiento de Carnota

Unión de Teo y Vedra : Órgano oficial de las Sociedades Agrarias de Teo y Vedra

Esta revista societaria está editada polas sociedades agrarias da comarca de Teo para informar da vida interna destas asociacións e do labor desenvolvido polas diferentes institucións que a patrocinan (Agrupación Auxiliar del Centro Republicano de Teo, Centro Residentes de Teo, Residentes de Calo en Sudamérica, Residentes de Cacheiras en Buenos Aires, Progreso y Cultura de Vedra, Unión Residentes de Luou, Agrupación Protectora de la Biblioteca Popular de Luou, etc.). Presta unha especial atención ás noticias, crónicas e comentarios da actualidade política e social da comarca recollidas en numerosas seccións co nome de «Crónicas» ou «Informaciones», onde se aborda a problemática local desde postulados agraristas, denunciando as manipulacións políticas caciquís e do clero. Por último recolle notas de sociedade (nacementos, vodas, viaxeiros, etc.) e colaboracións literarias.

Números conservados en formato papel (fotocopias):

1927 (n. 206)
1929 (n. 230, 235)
1930 (n. 236, 238, 241-247)
1931 (n. 249-259)
1932 (n. 271-271 bis)
1933 (n. 272-283)
1934 (n. 284-295)
1935 (n. 296-300, 302-307)
1936 (n. 308-314)
1943 (n. 400-401)
1955 (n. 512-513)
1956 (n. 516-517)
1957 (n. 519, 521-522)
1962 (n. 535)
1965 (n. 539)
1971 (n. 543)
1973 (n. 545)

Números conservados en formato facsímil ou dixital:

1951: n. 491/492
1952: n. 500
1953: n. 503, 505
1954: n. 507-508, 510
1955: n. 514
1956: n. 515

Federación de residentes de Teo en Sudamérica

Lux : Órgano de la Sociedad Pro Escuela en Bandeira

Esta publicación é a continuación do xornal «Fomento de la Instrucción Gallega», editadas ambas as dúas pola sociedade Pro-Escuela en Bandeira, como órgano oficial da entidade para informar sobre o labor societario e ao mesmo tempo achegar aos socios as novas da localidade natal e de Galicia. Conta con colaboración literarias e divulgativas de carácter pedagóxico.

Números conservados en formato papel (fotocopias):

-1913: n. 1

Sociedad pro-escuelas en Bandeira

Os Carballos

Esta publicación foi editada desde 1995 coa finalidade de informar das actividades sociais do Centro Gallego e de servir de nexo de unión entre a institución e os socios. A maior parte dos contidos redúcense a informar sobre a vida interna da entidade e dar conta das diversas actividades; nun segundo plano aparecen noticias de Galicia, páxinas gastronómicas e colaboracións literarias.

Conservados en formato papel:

  • 1995: n. 1-2
  • 1996: n. 3-5
  • 1997: n. 6, 8
  • 1999: n. 9
  • 2000: n. 10

Centro Gallego de La Plata

Nogueira : Revista oficial de la Sociedad Cultural Nogueira de Ramuín (Unificada con Carballeira)

Esta publicación societaria informa do labor realizada pola entidade editora, incluíndo noticias de Galicia e da comarca ourensá á que pertencen, con artigos de temática variada.

Número conservado en formato papel (fotocopias):

  • 1936: n. 6

Sociedad cultural Nogueira de Ramuín (unificada con Carballeira)

El Primitivo. Revista mensual propiedad del Orfeón Gallego Primitivo

Esta revista foi editada polo Orfeón Gallego Primitivo e pretendía achegar a realidade galega aos seus socios, facendo unha defensa dos seus intereses. Reproduce diversos artigos sobre Galicia, a súa historia, a súa agricultura, a súa cultura, etc., ao mesmo tempo que polemiza sobre o galeguismo ou o nacionalismo catalán. Outros eixes básicos da publicación son as colaboracións literarias e as seccións divulgativas («Curiosidades», «Mentiras y verdad», etc.). Inclúe información sobre a situación da colectividade e as súas actividades, particularmente as realizadas pola propia sociedade editora. Por último, recolle noticias de interese para os emigrantes (indultos a prófugos, liñas de navegación, etc.) e novas da actualidade galega («Miscelánea gallega»).
O número 30 está dedicado a conmemorar o 2 de maio de 1808 e contén unicamente ensaios sobre a Guerra da Independencia e documentos históricos sobre esas datas e feitos.

Número conservado en formato papel (fotocopias):

  • [1905] (incompleto)

Orfeón gallego primitivo

El Primitivo. Revista mensual propiedad del Orfeón Gallego PrimitivoRevista España

Esta revista está editada pola Sociedad Española de Beneficencia Hospital Español para informar aos seus socios dos diversos servizos médicos e sanitarios, así como dos beneficios sociais e dos tratamentos que levan a cabo, proxectos de futuro, entrevistas a destacados médicos do hospital, visitas de personalidades, etc.

Número conservado en formato papel:

  • 1997: n. 262
  • 1998: n. 263

Sociedad española de beneficencia Hospital español

Do Noso Lar : Albúm artístico literario publicado por esta sociedade co motivo das festas dos Remedios

Esta publicación societaria está editada para conmemorar a festividade da patroa de Mondoñedo, a Virxe dos Remedios.
Case a metade da revista contén artigos sobre Mondoñedo (historia, xeografía, arquitectura etc.) e sobre persoeiros destacados vinculados á comarca. Tamén lle dedican espazo aos concellos veciños de Alfoz, Abadín, Lourenzá, Riotorto, Pastoriza, Valadouro, e Foz. Hai numerosas de colaboracións literarias de escritores galegos como Eduardo Lence-Santar ("Poetas mindonienses"), Manuel Leiras Pulpeiro, Uxío Carré Alvarellos, Justo Rivas Fernández, Antonio Noriega Varela ("De Ruada"), Antón Villar Ponte ("Pol-a cultura da nosa terra"), R. Veiga González ("Remembranzas"), Leandro Carré ( coa obra teatral "A sorte") etc.
Aparece tamén reproducida a acta fundacional de "Mondoñedo y sus distritos" e diversas noticias sobre as súas directivas e actividades.

Número conservado en formato papel (fotocopias):

  • 1923

Sociedad de Mondoñedo y sus distritos

Ecos da Terra : Órgano oficial de Casa de Galicia de Montevideo

Esta publicación societaria está editada pola comisión de instrución e cultura de Casa de Galicia de Montevideo, para desempeñar un papel cultural, ademais de ser o voceiro oficial da entidade. A maior parte dos seus contidos versan sobre Galicia, a súa literatura, historia, notas biográficas de persoeiros destacados, presenza de Galicia en Uruguai, situación da cultura, lingua, etc. Tamén aporta información das actividades da institución e a súa historia, conferencias pronunciadas, cursos, actividades científicas, etc.

Números conservados en formato papel:

1981: n. 2
1982: n. 3-5
1983: n. 6-8
1984: n. 9
1986: n. 10
1987: n. 11
1988: n. 12
1989: n. 13
1990: n. 14
1991: n. 15
1992: n. 16
1994: n. 17
1995: n. 18
1997: n. 20
2005: n. 22

Casa de Galicia de Montevideo

Casa de Galicia : 90 años

Esta publicación fai un percorrido polo desenvolvemento da entidade nos últimos noventa anos de vida societaria: actividades, directivas, socios fundadores, medios materiais e médicos, edificios, etc. Inclúe ademais un boletín cos servizos asistencias que ofrecen.

Número conservado en formato papel:

2007

Casa de Galicia de Montevideo

Olé

Esta publicación societaria está editada polo Centro Espanhol de Salvador de Bahia e este número en concreto está dedicado á memoria dun dos seus presidentes, Raúl Boulhosa. Ten numerosas noticias sobre a vida social dos integrantes da entidade, das diversas actividades realizadas polo Centro, e artigos sobre temas moi diversos de interese para os socios (desde aspectos médicos, ata turismo, deportes, etc.).

Número conservado en formato papel:

1998: n. 3

Centro Espanhol de Salvador de Bahia

Memoria e balance social

Memoria e balance da sociedade "Centro Gallego de Montevideo".

Números conservados en formato papel:

  • 1959
  • 1985-1986
  • 1986-1987
  • 1989-1990
  • 1990-1991
  • 1991-1992
  • 1994-1995
  • 1995-1996
  • 1996-1997
  • 1997-1998
  • 1999-2000
  • 2000-2001
  • 2001-2002
  • 2002-2003
  • 2003-2004
  • 2004-2005
  • 2005-2006
  • 2009-2010
  • 2012-2013
  • 2016-2017

Centro Gallego de Montevideo

Presencia de Galicia en Venezuela

Edición especial da revista "Bohemia" que deu comezo acompañando ao número 1.363 da revista, publicado en agosto de 1989. O motivo desta serie foi dar conta da presencia de Galicia en Venezuela e xurdiu grazas ao aporte de diversas empresas e á colaboración da Xunta Directiva da "Hermandad Gallega de Venezuela".

Número conservado en formato papel:

[1989]: n. especial

Hermandad Gallega de Venezuela

Festival de Danzas Folklóricas Internacionales

Publicación editada para dar a coñecer e difundir a actividade artística dos numerosos grupos folclóricos das entidades de emigrantes residentes en Venezuela. A Hermandad Gallega de Venezuela e o seu grupo de danza Semente Nova organizan a edición do ano 2003 do Festival de Danzas Folclóricas Internacionales e con tal motivo editan esta revista para publicitar este certame.

Número conservado en formato papel:

2003: XXIVº festival

Hermandad Gallega de Venezuela

Results 241 to 260 of 262