Showing 703 results

Archival description
Subseries
Print preview View:

3 results with digital objects Show results with digital objects

Xuntémonos

Esta publicación societaria editouse para homenaxear á banda de gaitas da sociedade Xuntanza Fillos de Ourense en Venezuela. Fan un percorrido polos membros do grupo folclórico galego e pola súa andaina artística, facendo un especial fincapé pola súa visita a Galicia no ano 2000 con motivo do Campionato Liga Galega de Bandas de Gaitas. Destacan sobre todo a súa visita a numerosos concellos ourensáns nos que actuaron para os seus paisanos; así como a súa participación na toma de posesión como presidente da Xunta de Galicia de Manuel Fraga.

Número conservado en formato papel:

2001: n. 1 (ed. especial)

Asociación Civil Fillos de Ourense

¡Terra! : Boletín Informativo

Esta publicación de carácter político, actúa como portavoz deste grupo, co obxectivo de loitar por unha España democrática e reivindicar a personalidade propia dos pobos catalán, galego e vasco. A revista recolle crónicas, artigos, comentarios e outro tipo de escritos arredor da situación socio-política en España.Tamén informa das opinións e reaccións políticas noutros países con respecto ao réxime franquista.

Número conservado en formato papel:

1974: n. 1

Junta Democrática de Galicia en Caracas

Vivero en Cuba : Revista de la Ilma. Sociedad Vivero y su comarca

Esta publicación societaria comezou a editarse en 1911 como voceiro da sociedade de instrución Vivero y su comarca. Esta revista responde ao arquetipo das publicacións de sociedades: descrición das súas actividades, noticias da comarca, artigos diversos sobre Galicia, notas sociais e páxinas literarias. Tiveron como lema da publicación os seguintes ditos tomados de insignes reformadores como «Cada escuela que se abre, es una cárcel que se cierra», «Instruirse es una obligación», «El salvador fue maestro», «La instrucción es de necesidad pública» (Concepción Arenal) «El primer deber de un ciudadano es instruirse. El segundo es trabajar. Quien funda una escuela civiliza. Quien educa hombres hace patria» (J. N. Aramburu).
Estivo dirixida por Jesús Peynó, Francisco Docal, M. Barreiro, F. Almoina, X. Del Valle Mora, A. Fernández e foron colaboradores habituais J. M. Riguera Montero, Constantino Horta, José del Valle Moré, Perfecto Cobo García, Vicente Otero Cao, E. Saavedra L, P. M. T., Pascual Ramos, Andrés Prieto, Francisco Docal, José T. Pit, Miguel Roldán, Enrique Chao Espina, Alberto Michelena, Perfecto Guerreiro Santín, José Rivas y Pernas, Eduardo Núñez Martínez, D'Arxellas, Jorge Castelo Briz, Blanca Espinar ou César Michelena Rebellón.

Número conservado en formato dixital e impreso:

1954: maio

Vivero y su comarca

Unión Gallega

Esta publicación foi editada pola agrupación do mesmo nome do Centro Gallego, con motivo das eleccións á asemblea de representantes da institución. Os contidos da revista circunscríbense a esta finalidade, reproducindo o programa electoral, unha nota biográfica dos candidatos e unha síntese do labor realizado pola agrupación no mandato anterior. Á parte da publicación electoral, ás veces sae algún número extraordinario con motivo dalgún acontecemento especial, como o correspondente a abril de 1988, editado con motivo do 50 aniversario da agrupación.

Número en papel: 1988 (abril)

Centro Gallego de Buenos Aires

Región Galaica : Órgano del Centro Gallego

Primeiro boletín editado polo Centro Gallego para informar das súas actividades sociais e dos acordos das diferentes seccións e da comisión directiva («Sección Oficial»). Contén ademais colaboracións literarias, artigos sobre a actualidade política, noticias da actualidade galega («Sección Regional») e de España, novas da colectividade, etc.

Número en papel (fotocopias):

1907: n. 4

Números en microficha:

1907: 5-6; 8
1908: n. 9-10

Centro Gallego de Buenos Aires

Acción Gallega : Publicación oficial de Casa de Galicia

Publicación societaria que informa das actividades da asociación, das súas seccións e da colectividade emigrada. Presta unha especial atención á difusión da cultura galega, neste sentido destaca a colaboración de importantes personalidades da emigración con numerosos artigos literarios (nas seccións "Nuestro cuento", "Poética"), páxinas ilustradas dedicadas a comarcas e cidades, notas históricas e bibliográficas de Galicia, comentarios da economía sobre a sociedade galega, etc. Dirixida nunha época polo galeguista Rodolfo Prada.

Números dixitalizados:

1920: n. 1-7
1921: n. 8-16
1922: n. 17-26
1923: n. 28-29, 32-33, 35-36, 39
1924: n. 42-44, 46-51
1925: n. 52-55, 57-58

Asociación Casa de Galicia de Buenos Aires

Domselaar : Revista del Hogar Gallego para Ancianos

Revista societaria na que informan aos socios das actividades polo 59º aniversario fundacional e das visitas de políticos galegos ás súas instalacións. As páxinas centrais están dedicadas á residencia para a terceira idade que mantén a sociedade, cos servizos e instalacións que posúen. Teñen tamén un pequeno apartado cultural cunhas páxinas dedicadas a Fray Martín Sarmiento e algúns poemas

Número conservado en papel:

2002: diciembre

Hogar gallego para ancianos

Federación de sociedades españolas de Buenos Aires

Esta publicación foi editada pola Federación de Sociedades Españolas de Buenos Aires con motivo da celebración do cincocentos aniversario do descubrimento de América. Ademais de artigos sobre esta data e a presenza española no continente americano, a maior parte da revista céntrase nas memorias históricas das sociedades españolas que integran a federación, así como as actividades e directivas coas que contan nese momento.

Número publicado polo 5º centenario do Descubrimento de América:

1992 (150 páxinas)

Federación de sociedades españolas de Buenos Aires

Results 521 to 540 of 703