Showing 703 results

Archival description
Subseries
Print preview View:

3 results with digital objects Show results with digital objects

Federación de sociedades españolas de Buenos Aires

Esta publicación foi editada pola Federación de Sociedades Españolas de Buenos Aires con motivo da celebración do cincocentos aniversario do descubrimento de América. Ademais de artigos sobre esta data e a presenza española no continente americano, a maior parte da revista céntrase nas memorias históricas das sociedades españolas que integran a federación, así como as actividades e directivas coas que contan nese momento.

Número publicado polo 5º centenario do Descubrimento de América:

1992 (150 páxinas)

Federación de sociedades españolas de Buenos Aires

Coro Galego Brétemas e Raiolas : No seu 5º ano de eisistencia

Esta publicación cultural está editada con motivo do quinto aniversario do Coro Galego Brétemas e Raiolas. Contén colaboracións literarias e traballos sobre diversos aspectos da cultura galega, especialmente sobre a música e os coros e inclúe artigos nos que se fan varios chamamentos á mocidade emigrante para que non esqueza as súas orixes e participe nas actividades da colectividade. A revista complétase cunha breve descrición da historia do Coro e doutras institucións culturais galegas e un programa dos actos que van ser celebrados.

Número conservado en papel:

1958: n. único (5º aniversario da institución)

Coro galego Brétemas e Raiolas

Libros de actas de socios

Libros de actas:

  • Central Gallega (1937-1949): 9 fichas
  • Casa Propia (1941): 4 fichas
  • Casa Propia, Comisión Banquetes e Acto Teatral: 3 fichas
  • Comisión de Festas (1924-1925): 1 ficha
  • Coordinadora Órganos Españoles Republicanos (1938-1939): 3 fichas
  • Amigos Federados (1939-1941): 2 fichas

Federación de sociedades gallegas de la república Argentina

Galicia : Publicación semanal editada por la Federación de Sociedades Gallegas

Este xornal foi editado pola Federación de Sociedades Galegas en Arxentina en 1930, como unha continuación de «El Despertar Gallego», antigo voceiro da Federación desde 1922 ata a publicación deste semanal. Concede unha especial atención á situación española, con informacións e comentarios sobre a mesma, nos que, a pesar dos cambios de tendencia ideolóxica da Federación, manifesta claramente o seu republicanismo e tras a guerra civil española, a súa oposición á política franquista. Informa das actividades da Federación e das sociedades que forman parte dela («Crónicas de Sociedades federadas»), noticias de Galicia e da situación da colectividade (criticando a determinadas asociacións polos seus postulados políticos). Tamén inclúe artigos literarios e culturais, que ocupan xeralmente a última páxina da publicación («Artes y Letras»).
Nos anos 1943 e 1944 por problemas de carácter político tivo que cambiar a súa cabeceira e pasou a denominarse «Boletín de las Sociedades Gallegas Federadas» e «Acción Gallega», respectivamente.

Fondos en papel (tamaño A3):

Orixinais:

1954: n. 1236-1237
1955: n. 1245

1982: n. 1480
1989: n. 1501, 1503
Nova etapa:
2005: n. 9

Fotocopias:

1957: n. 1285 incompleto-n. 1286
1969: n. 1380

Fondos en microfilme:

1930: n. 184-187
1931: n. 188-239
1932: n. 240-291
1933: n. 292-344
1934: n. 345-396
1935: n. 397-448
1936: n. 449-500
1937: n. 501-550
1938: n. 551-602
1939: n. 604-655
1940: n. 656-684, 686-707
1941: n. 708-738, 740-745, 747-759
1942: n. 760-811
1943: n. 812-840, 842-845, 847-861
1944: n. 865-886; baixo a cabeceira "Acción Gallega": n. 1-18
1945: n. 887-937
1946: n. 938-987
1947: n. 988-1034
1948: n. 1035-1069
1949: n. 1070-1097
1950: n. 1100-1131
1951: n. 1132-1166
1952: n. 1167-1194
1953: n. 1195-1215
1954: n. 1217-1240
1955: n. 1241-1261
1956: n. 1262-1275
1957: n. 1276-1286
1958: n. 1287-1298
1959: n. 1299-1307
1960: n. 1308-1319
1961: n. 1320-1331
1962: n. 1332-1338
1963: n. 1339-1347
1964: n. 1348-1354
1965: n. 1355-1361
1966: n. 1362-1367
1967: n. 1368-1370
1968: n. 1372-1378
1969: n. 1381-1385
1970: n. 1386-1390
1971: n. 1391-1400
1972: n. 1401-1407, 1409
1973: n. 1410-1419
1974: n. 1420-1431
1975: n. 1432-1438
1976: n. 1439-1444
1977: n. 1445-1451
1978: n. 1452-1458
1979: n. 1459-1464
1980: n. 1465-1471
1981: n. 1472-1476
1982: n. 1480-1481
1983: n. 1483
1984: n. 1484-1485
1985: n. 1486-1490
1986: n. 1491-1495
1987: n. 1496-1498
1988: n. 1499-1500

Federación de sociedades gallegas de la república Argentina

La Libertad : Revista Mensual : Órgano oficial de la Federación Agraria Residentes del distrito de la Estrada

Publicación societaria editada pola Federación Agraria de Residentes del Distrito de La Estrada en Buenos Aires, onde se informaba aos socios das diferentes actividades das sociedades de emigrantes naturais desta comarca residentes en Bos Aires.

Número en formato papel (fotocopia):

  • 1926: n. 58

Federación agraria residentes del distrito de la Estrada

Informe da Comisión Directiva

Informe da Comisión Directiva da sociedade "Unión del partido de Lalín en Buenos Aires" sobre o exercicio financieiro 1947-1948 conservado en formato orixinal mecanografado.

Unión del partido de Lalín en Buenos Aires

Miña Terra : Boletín Informativo de de la Sociedad Hijos de Arantey y Centro Villamarín Perojano, Mutual, Cultural y Recreativa

Esta publicación societaria contén fundamentalmente noticias e informacións sobre a entidade editora, ademais de artigos de información xeral e de España, noticias culturais, colaboracións literarias, seccións recreativas, información para emigrantes (axudas, pensións) e páxinas sociais.

Números conservados en papel:

1992: n. 1
1993: n. 2
1994: n. 3
1998: n. 6-7
2001: n. 9
2003: n. 11

Hijos de Arantey y Centro Villamarín Perojano, mutual, cultural y recreativa

Boletín Oficial de la Sociedad Fomento de Porriño y sus distritos

Esta publicación societaria está destinada a informar aos seus socios dos asuntos internos da institución (nómina de socios, memorias anuais, asembleas, proxecto de estatutos, balances económicos, novas sociais, falecementos, etc.). Tras a fusión de varias sociedades de emigrantes naturais de Porriño pasa a denominarse «Boletín de la Sociedad Residentes del Municipio de Porriño y sus distritos». Recolle outras novas de interese para os asociados e informa dos proxectos impulsados en Galicia pola sociedade (escolas, bibliotecas, etc.), ou noticias da actualidade de España, de Galicia e particularmente da súa comarca (sección «De Porriño»), nas que se manifesta o apoio ao movemento agrarista e o seu republicanismo. Por último, cabe citar a inserción de colaboracións literarias, artigos de carácter divulgativo relativos á educación, á cooperación, etc.

Números conservados en papel:

Orixinais:

1935: n. 58-59
1936: n. 64
1937: n. 66

Fotocopias:

1928: n. 29
1929: n. 30-33, 35
1930: n. 36-41
1931: n. 42-43, 45
1932: n. 46-48
1933: n. 50-53
1934: n. 54-57
1935: n. 58-60

Números conservados en microfilme:

1928: n. 29
1929: n. 30-33, 35
1930: n. 36-41
1931: n. 42-45
1932: n. 46-48
1933: n. 50-53
1934: n. 54-57
1935: n. 58-60

Sociedad fomento de Porriño y su distrito

Boletín de la Sociedad Residentes del Municipio de Porriño

Esta publicación societaria está destinada a informar aos seus socios dos asuntos internos da institución (nómina de socios, memorias anuais, asembleas, proxecto de estatutos, balances económicos, novas sociais, falecementos, etc.). Tras a fusión de varias sociedades de emigrantes naturais de Porriño pasa a denominarse «Boletín de la Sociedad Residentes del Municipio de Porriño y sus distritos». Recolle outras novas de interese para os asociados e informa dos proxectos impulsados en Galicia pola sociedade (escolas, bibliotecas, etc.), ou noticias da actualidade de España, de Galicia e particularmente da súa comarca (sección «De Porriño»), nas que se manifesta o apoio ao movemento agrarista e o seu republicanismo. Por último, cabe citar a inserción de colaboracións literarias, artigos de carácter divulgativo relativos á educación, á cooperación, etc.

Números conservados en papel:

Orixinal:

1972/1973: n. 206/209
1974/1975: n. 213/215

Fotocopias:

1941: n. 82

Sociedad residentes del municipio de Porriño

Results 541 to 560 of 703