Amosando 703 resultados

Descrición arquivística
Subserie
Previsualización da impresión Ver:

3 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Centro Gallego de Montreal : Revista Deportiva

Esta revista deportiva está editada anualmente polo Centro Gallego de Montreal para informar das actividades deportivas desenvolvidas por esta sociedade, ademais de recoller as noticias do mundo do deporte de interese que se organizan nesta cidade canadiana.

Número conservado en formato papel:

1987

Centro Gallego de Montreal

Centro Gallego de Alicante

Esta revista societaria foi creada coa finalidade de dar a coñecer as actividades desenvolvidas polo Centro Galego e contribuír ao espallamento da cultura galega. Inclúe entrevistas e biografías de galegos ilustres, lembranzas e opinións persoais, traballos sobre vilas e lugares de Galicia, artigos sobre a emigración, a arte, a lingua e a literatura galegas, etc. Complétase con colaboracións literarias e artigos sobre a rexión levantina.

Números conservados en formato papel:

1990: n. 1-3
1991: n. 4

Centro Gallego de Alicante

Centro Gallego : Órgano de la Colectividad Gallega en el Uruguay

Esta publicación foi editada polo Centro Gallego de Montevideo, sufrindo varias modificacións no seu título e formato, aínda que os seus contidos son similares ao longo de todo o período da edición. Un primeiro grupo de noticias está constituído pola información sobre o funcionamento interno da sociedade (notas e vida social, ciclos de conferencias, actividades, etc.). Tamén inclúe novas sobre a actualidade española e galega nas seccións: «Noticias de España», «Noticias de Galicia», «Crónica de La Coruña», etc. Cómpre destacar os artigos e colaboracións sobre Galicia, particularmente sobre a súa cultura e o hispanoamericanismo. Reproducen ademais diversas achegas sobre a historia, a literatura, a arte, o labor dos galegos en América, poesías, relatos, chamamentos para secundar iniciativas como a da Residencia de Estudiantes ou da Asociación Protectora de la Cultura Gallega, entrevistas a intelectuais, etc. Por último aparecen seccións recreativas, páxinas para a muller, etc.
En 1926 pasa a chamarse «Revista del Centro Gallego» e dende o n. 151 (1929) «Galicia».

Números conservados:

En formato dixital/facsimilar:

  • 1ª época:
    1917: n. 1-6
    1918: n. 7-13

En formato papel:

  • 2ª época:
    1920: n. 45
    1925: n. 103
    1926: n. 114; 120
    1927: n. 125-131
    1928: n. 132-138; 140; 143
    1929: n. 144-145; 148-151

Centro Gallego de Montevideo

Centro Galicia de Olten : aniversario

Publicación societaria na que informa aos socios sobre as súas actividades e proxectos. Eles mesmo describen a revista como un "Boletín-historial". No número extraordinario con motivo do 25 aniversario do Centro, creado en 1964, informa das actividades realizadas pola entidade (festivas, folclóricas e deportivas etc.), incorporando unha serie de datos xeográficos sobre Galicia. En 1998 editan un especial dedicado ao décimo aniversario do funcionamento do seu grupo folclórico Aires e Follas da Terra.

Números conservados en formato papel:

1989: XX aniversario
1994: XXV aniversario
1998: X Aniversario Grupo folclórico Aires e Follas

Centro Galicia de Olten

Centro Galego de Zug A Nosa Terra : Boletín Informativo

Este boletín societario pretende ofrecer aos galegos residentes en Zug ampla información sobre as actividades do Centro Galego A Nosa Terra, e a política que sobre emigración leva a cabo a Xunta de Galicia, a través de diferentes seccións, editorial, reportaxe e direccións importantes.

Número conservado en formato papel:

1999: 1º semestre

Centro Galego de Zug “A Nosa Terra”

Centro Espanhol

Esta publicación societaria está editada polo Centro Espanhol de Salvador de Bahia para informar aos seus socios das diversas actividades realizadas pola entidade, das súas instalacións, dos seus socios etc. Aparecen ademais reportaxes sobre lugares de Galicia e a súa cultura. Está escrita en portugués.

Número conservado en formato papel:

1988: xullo

Centro Espanhol de Salvador de Bahia

Centro Deportivo y Social de Bolos Valle Miñor : Revista anual de actividades

Esta revista societaria está editada polo Centro Deportivo y Social de Bolos Valle Miñor de Montevideo, para informar aos seus socios anualmente das actividades organizadas. O número correspondente ao ano 1997 está dedicado á celebración do cincuentenario da súa fundación, facendo un percorrido polo seu devir histórico.

Números conservados en formato papel:

1992
1997 (50º aniversario)

Centro deportivo y social de bolos Valle Miñor

Centro del Distrito de Salceda 1913-Bodas de Oro-1963

Esta publicación societaria foi editada con motivo da celebración do 50º aniversario fundacional da sociedade Centro del Distrito de Salceda de Bos Aires onde informa da súa traxectoria histórica e das actividades organizadas pola entidade.

Centro Protección Agrícola del Distrito de Salceda

Centro Cultural e Recreativo Espanhol

Esta revista societaria foi publicada para informar das actividades aos socios, dedicando grande parte deste número á historia da sociedade editora, ás súas instalacións, directivas, etc.

Número conservado en formato papel:

1975: xullo

Centro Espanhol de Salvador de Bahia

Centro Cultural del partido de la Estrada

Boletín societario que informa aos emigrantes dos acontecementos de Galicia con reproducións de noticias publicadas na prensa galega.

Números en formato papel:

  • 1987: 1 xullo, 15 xullo, 1 agosto, 15 decembro
  • 1988: 1 xuño
  • 2010: 66º aniversario

Centro cultural del partido de La Estrada

Centro Betanzos

Esta publicación, editada polo Centro Betanzos de Bos Aires, está asinada por A. Suárez do Pazo. Está totalmente dedicada á figura de Castelao, como unha homenaxe tras o seu pasamento.

Números conservados en papel:

1950

Centro Betanzos

Centro Benéfico Social Hijos del Partido de la Estrada

Esta publicación foi editada para conmemorar o 22º aniversario fundacional desta sociedade. Realizan unha descrición pormenorizada da historia do centro desde a súa fundación, e un percorrido sobre a xeografía, a cultura e a historia do concello de A Estrada e de Galicia en xeral. Complétase cunha serie de relatos literarios, anécdotas e poesías.

Número conservado en formato papel:

1981: 22º aniversario

Centro Benéfico Social Hijos de La Estrada

Centro Ayuntamiento de Rianxo

Este boletín como toda publicación societaria pretende informar aos seus socios das actividades que están a realizar; ademais abordan noutros artigos a descrición xeográfica e histórica do seu concello natal e das súas parroquias, así como temas culturais (obra artística de Castelao) e colaboracións literarias.

Fondos en papel (fotocopia):

1970: n. 1
1971: n. 2
1973: n. 4

Centro Ayuntamiento de Rianjo

Casas Regionales de España

Esta publicación está publicada como voceiro oficial da Federación editora para informar das diversas actividades das entidades que a configuran e tamén do desenvolvemento do Congreso Mundial que organizan anualmente.

Números conservados en formato papel:

1984: n. 5-6
1986: n. 16 (fotocopias)
2ª época:
1988: n. 24-27
1991
1992

Federación española de casas regionales y provinciales

Casa de Galicia de Unidad Gallega

Esta publicación societaria está editada para informar das actividades desenvolvidas pola entidade editora, marcadamente republicana e galeguista durante os seus primeiros anos. Constitúe, tal e como aparece no subtítulo, a memoria anual das actividades e feitos máis salientables da vida societaria (directiva, comités, comisións para accións concretas, movemento de socios, balances económicos, etc.). Contén ademais algúns artigos, opinións e traballos sobre Galicia e a súa cultura, economía e historia, redactados por intelectuais galegos de recoñecido prestixio.

Números conservados en formato papel:

Fotocopias:

1941: n. extraordinario
1944

Orixinal:

1958
1963
1965 (25º aniversario)
1965/1966
1966/1967
1967/1968
1968/1969
1969/1970 (30º aniversario)
1970/1971
1973/1974
1974/1975
1981/1983
1993/1996
2002 (62º aniversario)

Números conservados en formato dixital:

Fondo Xesús Canabal:

1970/1971
1971/1972
1972/1973

Casa de Galicia. Unidad Gallega de Nueva York

Casa de Galicia : El Día

Esta publicación societaria aparece como un suplemento da revista «Alma Gallega», voceiro oficial da entidade do mesmo nome. O número consultado de 1989, fai un percorrido polo desenvolvemento da entidade nos últimos setenta anos de vida societaria: actividades, directivas, socios fundadores, servizos médicos, medios materiais, edificios, etc. Inclúe ademais un boletín dos servizos asistencias que ofrecen.

Número conservado en formato papel:

1989 (72º aniversario)

Casa de Galicia de Montevideo

Resultados 581 a 600 de 703