Amosando 352 resultados

Descrición arquivística
Subserie Publicacións periódicas
Previsualización da impresión Ver:

1 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Reporte Ourensán

Esta publicación societaria está editada pola Xuntanza Fillos de Ourense para informar aos seus socios sobre as súas actividades.

Números conservados en formato papel:

1998: vol. 5 (maio)
2007: [2ª etapa], maio/agosto

Asociación Civil Fillos de Ourense

Raza celta : Órgano del Comité Autonomista Gallego de Montevideo

Esta publicación cun marcado compoñente político, foi creada durante a II República española polo Comité Autonomista Gallego de Montevideo, para informar da actualidade da Península, adoptando unha postura conservadora e crítica coa liña do Partido Galeguista. Aparecen numerosos artigos de carácter cultural e de orientación nacionalista, que se complementan con informacións das actividades do propio comité e doutras sociedades no Río da Prata.

Números conservados en formato papel (facsímil):

1934: n. 1-11
1935: n. 12

Comité autonomista gallego de Montevideo

Punto de Unión : Revista Informativa de la Hermandad Gallega de Venezuela

Esta publicación societaria ten como obxectivo, segundo o editorial do seu primeiro número, «(...) difundir las actividades internas y estrechar los lazos de unión de la gran familia que es nuestra querida Hermandad». A revista informa das actividades culturais e sociais desenvolvidas pola sociedade, a súa organización e composición (directivas, comités, funcións, etc.), e outros aspectos de interese para os socios.

Números conservados en formato papel:

1987: n. 1
1988: n. 2-4

Hermandad Gallega de Venezuela

Promoción da Cultura Galega : cumprimos 25 anos!!

Este boletín social foi editado pola sociedade do mesmo nome co fin de conmemorar o 25 aniversario fundacional e dan a coñecer os actos que organizan entre a colectividade galega e española asentada en Zürich.

Número conservado en formato papel:

2001: febreiro (25º aniversario)

Promoción da Cultura Galega

Presencia de Galicia en Venezuela

Edición especial da revista "Bohemia" que deu comezo acompañando ao número 1.363 da revista, publicado en agosto de 1989. O motivo desta serie foi dar conta da presencia de Galicia en Venezuela e xurdiu grazas ao aporte de diversas empresas e á colaboración da Xunta Directiva da "Hermandad Gallega de Venezuela".

Número conservado en formato papel:

[1989]: n. especial

Hermandad Gallega de Venezuela

Portas : Revista de la Sociedad Residentes del Ayuntamiento de Portas y sus contornos

Revista societaria creada para dar a coñecer aos seus socios a memoria e balance xeral da entidade, así como as actividades organizadas pola mesma. Aparecen diversos artigos sobre o concello de Portas e a súa bisbarra e tamén sobre persoeiros da cultura galega como Domingo Faustino Sarmiento, "propulsor de la enseñanza", ou Domingo Fontán Rodríguez. Edítase conmemorando o aniversario fundacional da sociedade.

Número conservado en formato microfilme:

  • 1949: novembro

Sociedad residentes del ayuntamiento de Portas y sus contornos

Plus Ultra : Órgano oficial de la Sociedad Española de Socorros Mutuos La Nacional

Esta publicación en español e inglés foi editada como voceiro desta sociedade para informar das súas actividades e do que ofrecen aos socios. Aparecen noticias sobre as diversas sociedades galegas da cidade.

Números conservados en formato papel:

1965: n. 1
1968: n. especial polo centenario social

Sociedad española de socorros mutuos La Nacional

Plus Ultra : Boletim de la Sociedad Caballeros de Santiago

O número consultado está dedicado integramente á celebración do Milenario da lingua castelá e todos os actos organizados con este motivo, tanto os que se celebraron en España como os que a sociedade Caballeros de Santiago organizou na Bahía. Ademais hai un resumo histórico da entidade, dende a súa fundación ata ese momento.

Número conservado en formato papel:

1977: n. 11

Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago

Peña Galega. Club España

Este boletín societario está editado coa finalidade de dar a coñecer os actos que organiza a sociedade anualmente.

Números conservados en formato papel:

1998 (34º Aniversario)
1999 (35º Aniversario)

Club España de Newark, Peña Gallega

Peña Deportivista "Aúpa Depor U.S.A."

Esta revista societaria está editada anualmente por unha peña do Deportivo en Estados Unidos, integrada maioritariamente por galegos. Editan cada número con motivo da celebración do aniversario fundacional da entidade deportiva; basicamente aporta información aos seus socios sobre este equipo de fútbol e os actos dos galegos residentes na cidade.

Número conservado en formato papel:

1998 (4º aniversario)

Peña deportivista "AUPA Depor U.S.A."

Padrón

Esta revista societaria foi creada para informar aos socios da entidade editora das actividades sociais, así como das noticias e historia do seu concello natal e de Galicia.

Números conservados en microfilme:

  • 1945
  • 1947
  • 1950

Sociedad residentes del partido judicial de Padrón

Os Carballos

Esta publicación foi editada desde 1995 coa finalidade de informar das actividades sociais do Centro Gallego e de servir de nexo de unión entre a institución e os socios. A maior parte dos contidos redúcense a informar sobre a vida interna da entidade e dar conta das diversas actividades; nun segundo plano aparecen noticias de Galicia, páxinas gastronómicas e colaboracións literarias.

Conservados en formato papel:

  • 1995: n. 1-2
  • 1996: n. 3-5
  • 1997: n. 6, 8
  • 1999: n. 9
  • 2000: n. 10

Centro Gallego de La Plata

Orzán : Revista del Centro Coruñés de Buenos Aires

Publicación societaria, dirixida por Bieito Cupeiro, na que aparecen artigos e informacións sobre o Centro Coruñés; abundan os traballos e as colaboracións sobre Galicia e a súa historia, fragmentos literarios, principalmente poesías, relatos, anécdotas e opinións de todo tipo, ademais de numerosa publicidade.

Número conservado en formato microfilme:

1946: n. 2

Número conservado en formato papel:

1952: n. 5

Números conservados en formato dixital:

1952: n. 5
1954: n. 6
1955: n. 7
1956: n. 8

Centro Coruñés de Buenos Aires

Orientación Gallega

Esta publicación xurdiu tras as loitas internas no seo da Federación de Sociedades Gallegas, como voceiro da Unión Federal Gallega Democrática, facción que critica fortemente a través desta revista a orientación «comunista», segundo eles, da Federación. Os seus primeiros números están case exclusivamente dedicados á situación interna da FSGRA, denunciando a súa orientación e as actividades do sector comunista, desde postulados galeguistas e democráticos. Progresivamente concederán unha maior atención a outros temas da colectividade, informando da situación galega e das actividades das sociedades e dos centros provinciais. Reproducen ademais artigos de intelectuais galegos e colaboracións literarias.

Números conservados en formato microfilme:

  • 1962: n. 1-8
  • 1963: n. 9-19
  • 1964: n. 20-27
  • 1965: n. 28-30

Números conservados en formato dixital (Fondo Xesús Canabal):

  • 1962: n. 7
  • 1963: n. 9, 17
  • 1964: n. 20, 23-27
  • 1965: n. 28-29

Unión federal gallega democrática

Órdenes : Revista trimestral

Esta revista está editada polas dúas sociedades de emigrantes naturais do concello de Ordes residentes na Arxentina, "Asociación Unión del Partido Judicial de Órdenes" e "Asociación Residentes de los municipios Unidos del Partido de Órdenes" para informar das diversas actividades que organizaban para os socios; aparecen tamén artigos referentes á cultura galega en xeral.

Número conservado en papel:

1993: n. 1 (fotocopias)

Asociación Unión del Partido Judicial de Órdenes

Órdenes

Esta revista está editada pola Sociedad Municipios Unidos de Órdenes e contén informacións sobre esta entidade e a Federación de Sociedades Gallegas, da cal formaba parte; inclúe ademais traballos históricos e políticos sobre España e colaboracións literarias.

Número conservado en papel (fotocopias):

  • 1973: n. 2-3

Sociedad municipios unidos de Órdenes

Opinión Gallega

Esta publicación é continuadora de «El Orensano», aparecendo como órgano oficial do Centro Orensano e do Centro Pontevedrés de Bos Aires. Informa da vida societaria das devanditas entidades, incluíndo noticias da colectividade, sobre todo no labor cultural e nas actividades das asociacións galeguistas. Complétase con informacións sobre Galicia, principalmente das súas provincias de referencia, e artigos que abordan a realidade galega desde diferentes ámbitos, nos que colaboran intelectuais galeguistas.

Números conservados en formato microfilme:

1945: n. 29
1946: n. 30-54
1947: n. 55-78
1948: n. 79-101
1949: n. 102-112
1950: n. 113-115, 117-120
1951: n. 121-130
1952: n. 131-137
1953: n. 138-146
1960: n. 196-197
1961: n. 198-199, 201
1962: n. 202-205
1963: n. 206-209
1964: n. 210-214
1965: n. 215-216

Número conservado en formato fotocopia:

1957: n. 181

Números conservados en formato orixinal:

1959: n. 191-193
1960: n. 194

Números conservados en formato facsimilar ou dixitalizado:

1954: n. 147-155
1955: n. 156-164
1956: n. 166-172
1957: n. 173-177, 179-181
1958: n. 182-183, 185

Centro Pontevedrés de Buenos Aires

Resultados 61 a 80 de 352