Showing 352 results

Archival description
Subseries Publicacións periódicas
Print preview View:

1 results with digital objects Show results with digital objects

Mundo Español

Esta publicación está editada polo Club Español e podemos encadrala na típica publicación societaria que serve para informar aos asociados sobre a entidade e as diversas actividades que realiza. Contén tamén noticias sobre outras asociacións de españois residentes en Arxentina na sección «Algunas entidades españolas por dentro» e cunha relación das institucións españolas en Bos Aires. Hai outras seccións de narracións históricas como «Historias para conocer y contar» e «La España que añoramos».

Número conservado en formato papel:

1994: n. 1

Club Español de Buenos Aires

Xa : Revista de Cultura Gallega

Esta publicación cultural foi editada pola sociedade cultural Xeito Novo para achegar aos galegos de Bos Aires á realidade galega. A revista estructúrase en seccións como: «Libros», «Actividade Cultural», «Música», «Idioma», «Costumbres» ou «Cine», que aproximan ao lector a diferentes aspectos da cultura galega, así como ás actividades realizadas na colectividade emigrada. Outro eixe básico é a recuperación da memoria histórica da emigración («Testimonios», «Memoria», etc.). Noutras seccións abórdanse temas como a actualidade de Galicia, a gastronomía, rutas turísticas, a emigración, etc.

Números conservados en formato papel:

1993: n. 1
1994: n. 2-4

Fundación Xeito Novo de cultura gallega

Terra : Boletín de Cultura Galega : Idearium da I.N.G. ná América do Sul

Esta publicación de carácter nacionalista foi editada pola Irmandade Nazonalista Galega, na que colaboran importantes personalidades galeguistas como Ramiro Isla Couto (director), Eduardo Blanco Amor (redactor xefe), Miguel Revestido, Xavier Insua, Arturo Carril, Vicente Risco, Castelao, etc. Contén artigos sobre a cultura e a historia de Galicia, colaboracións literarias de autores galegos e portugueses («Os nosos poetas», «Letras irmáns»), e información sobre as actividades realizadas dentro da colectividade («Da causa» e «De Nós»).

Número conservado en formato papel (fotocopias):

  • 1923: n. 5, outubro

Irmandade nazonalista galega de Bos Aires

A Palloza : revista cultural galega

Publicación societaria na que aparecen noticias da entidade, artigos de cociña galega e saúdo do presidente.

Números conservados en formato papel:

1999: n. 2
2000: n. 3
2001: n. 4
2003: n. 6
2004: n. 7
2005: n. 8
2006: n. 9
2007: n. 10 (10º aniversario)
2009: n. 12
2010: n. 13

Agrupación Cultural Galega Agarimos

Nós : revista cultural

Esta revista societaria está editada anualmente polo Centro Galego Nós. Contén reportaxes sobre diversos temas culturais galegos. Ademais recollen saúdos de persoeiros destacados e numerosas colaboracións literarias; aparecen reseñas de todos os actos organizados pola entidade editora.

Números conservados en formato papel:

1998: [n. 0]
1999: n. 1
2000: n. 2
2001: n. 3
2002: n. 4
2003: n. 5 (25º aniversario)
2004: n. 6
2005: n. 7
2006: n. 8
2007: n. 9
2009: n. 11

Centro Gallego Nós

Anuario

Anuario editado pola A.C. Amigos da Gaita Toxos e Xestas.

Números conservados en formato papel:

  • Curso 2009-2010
  • Curso 2010-2011

Escola de gaitas e danzas galegas Toxos e Xestas

Nova Andaina : revista da Casa de Galicia en Santurce

Esta publicación societaria foi creada coa finalidade de informar das actividades organizadas pola mesma, a través das seccións: «Información al socio», «Actividades: programas», «Programas de festas». Complétase con noticias e artigos variados sobre Galicia, páxinas de pasatempos, humor, gastronomía e colaboracións literarias.

Números conservados en formato papel:

1989: n. 1-2
1990: n. 3-4
1991: n. 5-6
1992: n. 7-8
1993: n. 9-10
1994: n. 11
1995: n. 12
1996: n. 13
1997: n. 14
1998: n. 15
1999: n. 16
2000: n. 17
2001: n. 18
2002: n. 19
2003: n. 20
2004: n. 21
2005: n. 22
2006: n. 23
2009: n. 26
2010: n. 27

Casa de Galicia en Santurce

Bolboreta : revista informativa

Esta revista está dirixida aos emigrantes galegos e socios que residen no Principado de Andorra. Comezou a editarse en 1999 coa pretensión de mantelos informados das actividades e noticias sobre a actualidade en Galicia. Ofrecen artigos sobre a literatura galega, sobre persoeiros históricos ou sobre a historia dun concello galego. Teñen seccións fixas de humor, cociña galega, pasatempos, entrevistas e cartas e escritos dos socios.

Números conservados en formato papel:

1999: n. 1-3
2000: n. 4-6
2001: n. 7-8
2002: n. 9

Asociación Cultural Casa de Galicia

Plus Ultra : Órgano oficial de la Sociedad Española de Socorros Mutuos La Nacional

Esta publicación en español e inglés foi editada como voceiro desta sociedade para informar das súas actividades e do que ofrecen aos socios. Aparecen noticias sobre as diversas sociedades galegas da cidade.

Números conservados en formato papel:

1965: n. 1
1968: n. especial polo centenario social

Sociedad española de socorros mutuos La Nacional

Lume novo

Esta publicación podemos englobala na chamada prensa cultural, que pretende achegar o lector ao mundo da lingua e da cultura galegas a través da exposición de traballos de diversa índole, centrados primordialmente na literatura, polo que inclúe relatos, poesía, notas sobre escritores galegos. A partir do número 14 tamén se publican traballos sobre folclore, medicina popular, etc.

Números conservados en papel:

1969: n. 1-8
1970: n. 9-14
1971: n. 15-22
1972: n. 23-26

Lume novo

Sociedad Residentes del Municipio de Vedra en Buenos Aires

Revista societaria que se publica anualmente con motivo da celebración do aniversario social da entidade, aproveitando para dar conta das actividades sociais e da directiva. Contén noticias do concello de Vedra.

Números conservados en papel:

1970: 60º aniversario
1971: 61º aniversario

Sociedad agrícola, cultural y recreativa del municipio de Vedra en Buenos Aires

Sada, Oleiros

Esta revista societaria está editada por dúas sociedades de emigrantes naturais de dous concellos veciños, Sada e Oleiros, para informar aos seus socios das súas respectivas actividades sociais e con artigos sobre estes concellos e sobre Galicia en xeral.

Número conservado en papel (fotocopias):

1980

Asociación de Oleiros, mutual, cultural y recreativa

Sada, Oleiros

Esta revista societaria está editada por dúas sociedades de emigrantes naturais de dous concellos veciños, Sada e Oleiros, para informar aos seus socios das súas respectivas actividades sociais e con artigos sobre estes concellos e sobre Galicia en xeral.

Número conservado en papel (fotocopias):

1980

Asociación de Oleiros, mutual, cultural y recreativa

Centro Social Betanzos : Fiestas de San Roque

Este boletín foi editado con carácter anual para conmemorar a festividade do patrón de Betanzos, San Roque, e para informar das diversas actividades organizadas pola entidade para celebrar estas festas tan senlleiras desta vila galega.

Números conservados en papel:

1935
1936

Centro Betanzos

Results 161 to 180 of 352