Amosando 206 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Arxentina Subserie
Previsualización da impresión Ver:

3 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Boletín de las Sociedades Gallegas Federadas

Esta publicación é en realidade unha continuación de «Galicia : Publicación semanal editada por la Federación de Sociedades Gallegas» que por motivos políticos tivo que deixar de editarse con ese nome. Continúan coa mesma liña editorial informando sobre a Federación e as sociedades que a integran sobre temas de Galicia ou da colectividade. Tras a publicación de quince números baixo esta cabeceira volta a editarse como «Galicia».

Fondos en microfilme:

1943: n. 1-2
1944: n. 3-15

Federación de sociedades gallegas de la república Argentina

Hércules : tribuna independiente

Publicación societaria editada polas sociedades agrarias galegas en Bos Aires, co obxectivo de dar a coñecer as noticias e informacións de máis interese para os emigrantes da provincia da Coruña en Bos Aires. Inclúe artigos sobre os concellos e parroquias de Boqueixón, Oza, Vedra, Lestedo, realizando unha crítica moi dura á súa situación económica e social e aos poderes eclesiásticos. Tamén recolle a vida das institucións de emigrantes dos concellos de Teo, Rois, Ames, Boqueixón (asembleas, reunións, acordos, mocións). Por último, contén noticias da actualidade de Galicia e páxinas de pasatempos, arte e cultura. Sucede a "El Eco de Teo".

Números conservados en formato papel (fotocopias):

1921: n. 59-71
1922: n. 72-82
1923: n. 83-90; 100-103
1924: n. 105-107; 109-112; 115-116
1925: n. 117-119; 121; 123; 125-127
1926: n. 128; 131; 134-135; 138-139
1927: n. 141-142; 145-148
1928: n. 152-159

Federación de residentes de Teo en Sudamérica

Memoria 2010

Memoria "Sociedad Parroquial de Vedra : cien aniversario : 1910-2010"

Sociedad parroquial de Vedra de mutualidad y cultura

Albor : revista escolar : publicación mensual de las escuelas de la sociedad Hijos de Coirós en Buenos Aires

Publicación societaria na que se informa sobre as diversas actividades das escolas promovidas por esta entidade.

O AEG conserva o n. 1 (1936) da publicación, que aparece reproducido na obra "Sociedade Hijos del Ayuntamiento de Coirós, 1906-2006" de Manuel Fiaño e Miguel Gayoso, conservado en formato dixital.

Asociación Casa Coirós, cultural y mutualista

Asociación Hijos del Ayuntamiento de Puerto del Son

Publicación societaria editada por esta asociación de emigrantes, onde a directiva informa da súa traxectoria histórica e das actividades organizadas na actualidade pola entidade.

Número conservado en papel:

-2002: n. 8 (decembro)

Hijos del Ayuntamiento de Puerto del Son

Síntese informativa

Síntese informativa elaborada a modo de memoria sobre a actividade desenvolvida polo "Consello de Galiza" durante os anos 1960-1965, conservada en formato papel.

Consello de Galiza

Centro Lalín, Golada y Silleda de Buenos Aires

Esta revista societaria informa sobre as actividades da sociedade creada polos emigrantes da comarca do Deza residentes en Bos Aires e das noticias de Galicia. Contén ademais noticias sobre os concellos da comarca.

Números conservados en papel:

  • 2001
  • 2004
  • 2005
  • 2006

Centro Lalín de Buenos Aires

Anales científicos : de la Asociación Médica del Centro Gallego de Buenos Aires

Esta publicación está dirixida ao corpo médico do Centro Gallego. Os seus contidos están centrados no mundo da medicina, informando sobre congresos, bibliografía, novos tratamentos e descubrimentos científicos.

Número en papel: 1989: n. 2 (outubro)

Centro Gallego de Buenos Aires

Resultados 1 a 20 de 206