Amosando 3 resultados

Descrición arquivística
Irmandade galega de Buenos Aires Subserie
Previsualización da impresión Ver:

A Nosa Terra : periódico galego

Esta publicación política nacionalista, editada pola Irmandade Galega de Bos Aires, retoma o título da publicación do Partido Galeguista, da que é continuadora. O xornal informa dos propósitos dos grupos nacionalistas de Bos Aires e América, describindo as súas actividades. Tamén contén informacións sobre a situación da colectividade e de Galicia, aparecendo comentarios sobre a situación política e social galega.

Formato facsímil:

4 volumes encadernados (340 x 250 mm):

v. 1: 1942-1945: n. 425-443
v. 2: 1946-1948: n. 444-466
v. 3: 1949-1951: n. 467-478
v. 4: 1951-1972: n. 479-518

Fotocopias (tamaño A4):

1944: n. 432-433
1945: n. 442
1946: n. 448-451, 454
1947: n. 458
1948: n. 461, 464, 466
1949: n. 469
1951: n. 479
1953: n. 483
1954: n. 489
1955: n. 494
1961: n. 503
1963: n. 506
1964: n. 507
1968: n. 509
1969: n. 512
1970: n. 513-514

Irmandade galega de Buenos Aires

Adiante : Orgao das Mocedades galeguistas

Esta publicación de carácter político foi editada para informar das actividades societarias (asembleas, edicións de libros, etc.) e da situación da colectividade en xeral. Realiza unha defensa de Galicia, desde postulados nacionalistas e republicanos, criticando a súa situación política e económica nas seccións «Da Galiza asoballada» e «O Fungueiro» (notas críticas da actualidade galega e da colectividade).

Números orixinais:

1954: n. 1-3
1955: n. 4

Número fotocopiado:

1956: n. 5

Irmandade galega de Buenos Aires